Obxectivos
- Comprender que é a contaminación lumínica.
- Identificar os seus efectos nos seres vivos e na natureza.
- Desenvolver actitudes de coidado no medio ambiente.
- Fomentar un uso responsable da luz.
Metodoloxía
Para o desenvolvemento do obradoiro, empregarase unha metodoloxía participativa, lúdica e visual. Os nenos e nenas participarán en actividades de maneira activa para comprender mellor a problemática. Pretendemos que ao rematar cada actividade proposta os nenos e nenas reflexionen acerca do traballado.
Será tamén unha metodoloxía colaborativa, fomentando o traballo en grupo e a cooperación á hora de realizar as diferentes actividades.
Responsables
Lucía Rodríguez González, Paula Vázquez Pérez, María Méndez Cacheda e Marieta Morillo Díaz. Depto. de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación
Idade
Rapaces e rapazas de 5 a 10 anos
Tamaño dos grupos
Máximo 20 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.
Data e horario
Venres 28 de novembro, de 17 a 18:30 horas
Prezo
Actividade de balde