Skip to main content

Obradoiro infantil gratuíto

Enerxías en acción: salvemos o planeta!

12.05.2025 | 18.30h-20.00h
Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro

Obxectivos

  • Distinguir e coñecer as enerxías renovables e non renovables, sendo conscientes do seu impacto sobre o medio ambiente.
  • Concienciar das consecuencias do emprego de enerxías non renovables.
  • Potenciar o uso das enerxías renovables.

Metodoloxía 
Para o desenvolvemento do obradoiro, empregarase unha metodoloxía participativa, lúdica e visual. Os nenos e nenas participarán en actividades de maneira activa para comprender mellor a problemática. Pretendemos que ao rematar cada actividade proposta os nenos e nenas reflexionen acerca do traballado. 
Será tamén unha metodoloxía colaborativa, fomentando o traballo en grupo e a cooperación á hora de realizar as diferentes actividades. 

Responsables
Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación

Idade 
Rapaces e rapazas de 5 a 10 anos 

Tamaño dos grupos 
Máximo 15 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro. 

Data e horario 
Venres 5 de decembro, de 18:30 a 20 horas

Prezo
Actividade de balde

Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro
The contents of this page were updated on 11.28.2025.