Obxectivos
- Concienciar ao alumnado sobre o impacto ambiental do consumo e dos residuos, especialmente en épocas de maior actividade como o Nadal.
- Promover hábitos sostibles relacionados coa redución, reutilización e reciclaxe de materiais.
- Fomentar a observación crítica sobre diferentes tipos de materiais (plástico, madeira, papel, vidro…) e o seu ciclo de vida.
- Desenvolver competencias creativas, favorecendo a expresión artística a través da reutilización de materiais.
- Potenciar o traballo cooperativo mediante dinámicas grupais e resolución de pequenos retos ambientais.
Metodoloxía
Para o desenvolvemento do obradoiro, empregarase unha metodoloxía participativa, lúdica e visual. Os nenos e nenas participarán en actividades de maneira activa para comprender mellor a problemática. Pretendemos que ao rematar cada actividade proposta os nenos e nenas reflexionen acerca do traballado.
Será tamén unha metodoloxía colaborativa, fomentando o traballo en grupo e a cooperación á hora de realizar as diferentes actividades.
Responsables
Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación
Idade
Rapaces e rapazas de 5 a 8 anos
Tamaño dos grupos
Máximo 15 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.
Data e horario
Venres 5 de decembro, de 17 a 18:30 horas
Prezo
Actividade de balde