Pasar al contenido principal

Obradoiro infantil gratuíto

Contaminación lumínica

28.11.2025 | 17.00h-18.30h
Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro

Obxectivos

  • Comprender que é a contaminación lumínica.
  • Identificar os seus efectos nos seres vivos e na natureza.
  • Desenvolver actitudes de coidado no medio ambiente.
  • Fomentar un uso responsable da luz.

Metodoloxía 
Para o desenvolvemento do obradoiro, empregarase unha metodoloxía participativa, lúdica e visual. Os nenos e nenas participarán en actividades de maneira activa para comprender mellor a problemática. Pretendemos que ao rematar cada actividade proposta os nenos e nenas reflexionen acerca do traballado. 
Será tamén unha metodoloxía colaborativa, fomentando o traballo en grupo e a cooperación á hora de realizar as diferentes actividades. 

Responsables
Lucía Rodríguez González, Paula Vázquez Pérez, María Méndez Cacheda e Marieta Morillo Díaz. Depto. de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación

Idade 
Rapaces e rapazas de 5 a 10 anos 

Tamaño dos grupos 
Máximo 20 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro. 

Data e horario 
Venres 28 de novembro, de 17 a 18:30 horas

Prezo
Actividade de balde

Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro
Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.11.2025.