Ir o contido principal

Actualidade

Veterinaria prolonga ‘aulas’ ata a Granxa do Campus Terra

Os 120 estudantes matriculados en primeiro curso do grao en Veterinaria no Campus de Lugo, dos que a metade proceden de fóra de Galicia, coñecen estes días as instalacións da Granxa Experimental do Campus Terra nas que desenvolverán diversas prácticas formativas e de investigación ao longo da titulación

Ler máis

Acreditacións internacionais con dimensión laboral

O reitor da USC entrega á Facultade de Veterinaria e á EPS de Enxeñaría as certificacións da EAEVE e os selos de calidade EUR-ACE acadados polos graos en Veterinaria, Enxeñaría Civil e Forestal e o máster en Montes que permiten a persoas tituladas no Campus de Lugo da USC exercer como profesionais no plano internacional

Ler máis

Novo pulo á produción ecolóxica en Galicia

A USC e o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia colaborarán en programas de divulgación, asesoramento e formación de persoal técnico e investigador, segundo o convenio asinado entre o reitor Antonio López e o presidente do Craega, Francisco López Valladares

Ler máis

Refuxio de biodiversidade no río Mera

Investigadores da USC conservan 35.000 exemplares de mexillón de río na estación de cría do Veral, onde a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, acompañada da vicerreitora Montserrat Valcárcel e a da coordinadora do grupo de investigación en Conservación de Peixes e Moluscos (CoPeMol), Paz Ondina, coñeceu os resultados do traballo feito desde 2010 a prol da preservación de ‘Margaritifera margaritifera’, unha especie bioindicadora da calidade do ecosistema fluvial en risco de extinción

Ler máis