Obxectivos
- Distinguir e coñecer as enerxías renovables e non renovables, sendo conscientes do seu impacto sobre o medio ambiente.
- Concienciar das consecuencias do emprego de enerxías non renovables.
- Potenciar o uso das enerxías renovables.
Metodoloxía
Para o desenvolvemento do obradoiro, empregarase unha metodoloxía participativa, lúdica e visual. Os nenos e nenas participarán en actividades de maneira activa para comprender mellor a problemática. Pretendemos que ao rematar cada actividade proposta os nenos e nenas reflexionen acerca do traballado.
Será tamén unha metodoloxía colaborativa, fomentando o traballo en grupo e a cooperación á hora de realizar as diferentes actividades.
Responsables
Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación
Idade
Rapaces e rapazas de 5 a 10 anos
Tamaño dos grupos
Máximo 15 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.
Data e horario
Venres 5 de decembro, de 18:30 a 20 horas
Prezo
Actividade de balde