Ir o contido principal

Obradoiro infantil gratuíto

Un Nadal con menos lixo

05.12.2025 | 17.00h-18.30h
Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro

Obxectivos

  • Concienciar ao alumnado sobre o impacto ambiental do consumo e dos residuos, especialmente en épocas de maior actividade como o Nadal.
  • Promover hábitos sostibles relacionados coa redución, reutilización e reciclaxe de materiais.
  • Fomentar a observación crítica sobre diferentes tipos de materiais (plástico, madeira, papel, vidro…) e o seu ciclo de vida.
  • Desenvolver competencias creativas, favorecendo a expresión artística a través da reutilización de materiais.
  • Potenciar o traballo cooperativo mediante dinámicas grupais e resolución de pequenos retos ambientais.

Metodoloxía 
Para o desenvolvemento do obradoiro, empregarase unha metodoloxía participativa, lúdica e visual. Os nenos e nenas participarán en actividades de maneira activa para comprender mellor a problemática. Pretendemos que ao rematar cada actividade proposta os nenos e nenas reflexionen acerca do traballado. 
Será tamén unha metodoloxía colaborativa, fomentando o traballo en grupo e a cooperación á hora de realizar as diferentes actividades. 

Responsables
Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación

Idade 
Rapaces e rapazas de 5 a 8 anos 

Tamaño dos grupos 
Máximo 15 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro. 

Data e horario 
Venres 5 de decembro, de 17 a 18:30 horas

Prezo
Actividade de balde

Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.11.2025.