
Esta charla que trata sobre o número de ouro, a proporción aúrea, a espiral de Fibonacci e a súa presenza na natureza, resulta de interese non só a nivel divulgativo, senón, especialmente para o profesorado de secundaria e bacharelato.
O ponente Juan Viaño é licenciado en Matemáticas por la USC, diplomado en estudos avanzados na Universidade Pierre et Marie Curie-París VI, doutor por esta universidade e a UCMs. Na universidade compostelá ocupou diversos cargos, entre eles o de reitor.
Coordina o proxecto Estalmat-Galicia promovendo o talento matemático no estudantado de ensino secundario.
Data sábado 10 de maio
Horario 11.30 horas
Idade adultos
Prezo de balde, previa inscrición. Preferente para socios/as
Inscricións en amhnusc [at] gmail.com (amhnusc[at]gmail[dot]com)