Ir o contido principal
Axudas de mobilidade internacional para PTXAS a países do programa Erasmus+
Co-financiado pola UE

A USC convoca  axudas á mobilidade internacional para persoal técnico e de administración e servizos (PTXAS), para estadías en unidades equivalentes a aquelas ás que presta servizo na USC noutras institucións en países do Programa Erasmus+ (UE e Noruega, Islandia e Liechtenstein, ademais de Macedonia do Norte e as Repúblicas de Turquía e Serbia). As institucións de acollida non teñen que ser necesariamente socias da USC. 

A mobilidade deberá ter lugar durante o ano 2025 e a duración da actividade será dun mínimo de 2 días de traballo e dun máximo de 2 meses, se ben só se financiarán 5 días de traballo, e até 2 días de viaxe.

É necesario contar cun nivel da lingua propia da universidade receptora ou de inglés correspondente como mínimo ao B2.

Enderezo electrónico de contacto: international [at] usc.gal (international[at]usc[dot]gal)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2024.