O Colexio de Fonseca convértese en escaparate do emprendemento feminino universitario
A feira expositiva de proxectos innovadores liderados por mulleres abre as súas portas para visibilizar o labor de compañías referentes da comarca de Compostela
Read moreO Congreso Internacional ‘Emilia Pardo Bazán, cen anos despois’ analiza en Compostela a curiosidade científica da autora galega
A USC acolle a cuarta xornada deste encontro que congrega boa parte das voces expertas na traxectoria e obra de Emilia Pardo Bazán con motivo do centenario do seu pasamento
Read moreO Congreso Internacional Small Cinemas arranca na USC para abordar os retos dos cinemas periféricos na época do streaming
Organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais, o encontro acolle participantes de máis de 20 universidades e institucións para tratar os desafíos dos cinemas pequenos en espazos como as plataformas de vídeo baixo demanda, o circuíto de festivais ou os arquivos
Read moreA Real Academia Galega de Ciencias premia o traballo da mocidade investigadora da Universidade de Santiago
O equipo responsable dunha estratexia de vacinación fronte ao neumococo desenvolvida na USC recolle o Premio de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2021 para menores de 30 anos
Read moreO proxecto NeoGiANT da USC bota a andar cunha reunión do grupo de entidades socias en Compostela
Este proxecto internacional coordinado pola catedrática da USC Marta Lores recibiu do programa H2020 un financiamento superior aos oito millóns de euros
Read moreMargarida Mª Krohling Kunsch e Moisés de Lemos Martins reciben as Insignias de Ouro da USC
A institución recoñece con este xesto a contribución de dúas figuras esenciais nos estudos da comunicación do ámbito lusófono e estreita as relacións coa Universidade de São Paulo e a Universidade do Minho
Read moreA spin-off da USC Mestrelab Research recibe o Selo de Calidade da quinta edición dos Premios ‘Spin-Off PuntoGal’
Os galardóns buscan recoñecer a transferencia de coñecemento entre universidade e empresa e alentar o emprendemento dos grupos de investigación universitarios
Read moreAberto ata o 2 de novembro o prazo para participar no VII Concurso de lemas contra a violencia de xénero
O obxecto do certame é a creación de textos en galego, orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 140 caracteres
Read moreMedicina celebra a súa festividade cun acto de recoñecemento ao profesorado xubilado nos cursos 2019-2020 e 2020-21
A lección maxistral 'Erros, éxitos e leccións da pandemia COVID-19' correu a cargo do profesor emérito Juan Gestal
Read more‘A boa medicina’, unha campaña de sensibilización para curar os prexuízos en contra do galego
A iniciativa que se estenderá ata o mes de decembro, xira arredor de frases ligadas coa estratexia de relacionar o respecto lingüístico e o coñecemento e uso das linguas co exercicio da profesión médica
Read moreUnhas xornadas orientan o alumnado de primeiro sobre as competencias transversais para fomentar o emprego
Este programa cuxo prazo de inscrición permanece aberto, desenvolverase os días 19, 20 e 21 de outubro para dar a coñecer os servizos que a USC ofrece en materia de lecer, cultura, deportes, aprendizaxe de idiomas, compromiso social ou prácticas
Read moreConvocadas as axudas para préstamo de material informático, bonos comedor e desenvolvemento da docencia virtual
A presentación de solicitudes poderá realizarse a través da Sede Electrónica da USC ata as 23.59 horas do xoves 21 de outubro
Read moreO Consello de Goberno aprobou o recoñecemento de antigüidade do persoal investigador e de apoio á investigación
Aprobou tamén a planificación complementaria de PDI para este curso, que corrixe á alza o número de prazas a cubrir, un total de 60. É unha actuación incluída no Plan 19-22 que busca avanzar no proceso de relevo xeracional, así como na estabilización e promoción do persoal docente
Read moreJulián Álvarez Escudero, reelixido decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía
Repite no cargo logo da súa reelección nun proceso electoral no que obtivo 75 votos a favor, 26 en branco e 2 nulos
Read more