Skip to main content

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte distingue a cinco alumnos da USC nos premios nacionais fin de carreira

O Ministerio de Educación Cultura e Deportes recoñece a cinco alumnos da USC cos Premios Nacionais Fin de Carreira que distinguen aos alumnos que cursaran con maior brillantez os seus estudos universitarios e que se publican no Boletín Oficial do Estado este xoves 8. Os alumnos galardoados cos premios nacionais son Martín Portos García, graduado en Ciencias Políticas; Elsa Liste Lamas, licenciada en Filoloxía alemá; e María Rivo Vázquez, Licenciada en Historia da Arte. Pola súa banda, Inés Casas Maroto, recibe unha mención pola súa licenciatura en Filoloxía Inglesa e Miguel García Fernández un accésit pola súa Licenciatura en Historia. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte outorga cada ano 55 Premios Nacionais cunha dotación de 3.300 euros, e 54 mencións dotadas de 2.650 euros e 52 accésit de 2.200 euros. A esta convocatoria presentáronse máis de 650 solicitudes de todas as universidades españolas e de todas as áreas de coñecemento. En convocatorias anteirores os alumnos da USC tamén acadaron importantes recoñecementos, na resolución do ano anterior obtivéronse mencións para tres licenciados en Física, Enfermaría e Economía; dous accésit en Farmacia e Enxeñaría Técnica Industrial e un premio nacional en Enxeñaría Técnica Industrial.

The contents of this page were updated on 05.08.2014.