Skip to main content

Caixa Rural Galega, Deputación, CEL e USC asinan este mércores a renovación do convenio da OIT-AVTE do campus de Lugo

Caixa Rural Galega, Deputación de Lugo, Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Universidade de Santiago de Compostela asinarán este mércores a renovación do convenio de colaboración que manteñen estas catro institucións desde 1995, un acordo en virtude do cal se garante o funcionamento da Oficina de Información Tecnolóxica e a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (OIT-AVTE) do campus de Lugo.

O reitor Juan Casares participará este mércores, ás 13.00 horas, na sede de Caixa Rural Galega, sita no número 24-26 da Rúa Montero Ríos da cidade de Lugo, na firma da renovación deste convenio de colaboración entre Caixa Rural Galega, Deputación de Lugo, CEL e USC. No acto tamén estará presente o presidente de Caixa Rural Galega, José María Pardo Montero, así como a vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, e Jesús Quintá García, en representación da Confederación de Empresarios Lucenses (CEL).

O acto de firma da renovación deste convenio, cuxa finalidade está centrada na promoción das actividades de investigación tecnolóxica e na súa difusión no medio económico e social, a fin de favorecer a relación entre as actividades universitarias e as necesidades empresariais, servirá tamén para dar a coñecer os fondos xestionados e as actividades desenvolvidas pola OIT-AVTE ao longo do exercicio 2012.

The contents of this page were updated on 11.12.2013.