Skip to main content

Comezou a quinta edición do curso de formación para informadores de oficinas de turismo e guías

Comezou a quinta edición do curso de formación para informadores de oficinas de turismo e guías
Comezou a quinta edición do curso de formación para informadores de oficinas de turismo e guías

Ao longo de todo o mes de novembro, o Centro de Estudos e Investigación Turísticas da USC (CETUR) organizará a quinta edición do curso de formación para informadores de oficinas de turismo e guías, no que tamén colabora a Axencia de Turismo de Galicia. Este é un curso homologado pola Xunta de Galicia e que conta cunha carga lectiva de 50 horas. O programa, que xa comezou en Ciencias Económicas desenvolverase os xoves e venres deste mes en horario de 16.00 a 21.00 horas impartido por profesoresorado experto da Universidade de Santiago así como por profesionais do mundo empresarial. Os temas a tratar porán a atención na historia, mitos e lenda de Galicia; novas tecnoloxías aplicadas ao turismo; patrimonio inmaterial e gastronomía de Galicia; o mar e os seus segredos; o patrimonio industrial de Galicia; a comunicación do turismo; ou o patrimonio oculto de Galicia.

The contents of this page were updated on 11.12.2013.