Skip to main content

Esixen que o alumnado de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais poida decidir entre cursar latín ou matemáticas

A Conferencia Española de Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE), á que pertencen todos os responsables de Facultades e centros que imparten os títulos oficiais de Graduado en Economía e en Administración e Dirección de Empresas, entre eles os da USC, súmanse a un comunicado conxunto referido á modificación do proxecto da LOMCE que unifica o Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais deixando a materia de ‘Latín’ como troncal e ‘Matemáticas Aplicadas para as Ciencias Sociais’ só como elixible. No comunicado, froito do consenso de varias organizacións e institucións do ámbito da economía e as matemáticas, solicítase que de unificarse ese bacharelato “se respecten os criterios que guiaban os antes separados”. É DICIR, que o alumnado do novo poida ter a posibilidade de elixir, dentro das materias troncais, entre as dúas mencionadas “de forma que sexa precisamente el quen decida cal é a máis apropiada para prepararse adecuadamente en función dos estudos que decidan realizar a continuación”.

The contents of this page were updated on 11.15.2013.