Skip to main content

Ábrese un prazo de dez días para matricularse na convocatoria de fin de carreira de grao e máster

O alumnado de grao ou máster cunha materia ordinaria pendente do segundo cuadrimestre ou anual para rematar os estudos disporá dende este martes 20 ata o 30 deste mes para matricularse sen custe algún na convocatoria extraordinaria de fin de carreira que acaba de aprobar a USC. Poderá tamén concorrer a esta convocatoria o alumnado de títulos en extinción ao que para rematar estudios lle reste unha materia extinguida susceptible de ser superada por outra equivalente do grao sempre que esta sexa do segundo cuadrimestre ou anual. As materias de prácticas, practicum das titulacións ou os Traballos de Fin de Grao ou Máster non poden inscribirse nesta convocatoria, que fixa a realización dos exames correspondentes no primeiro cuadrimestre de 2013-2014, curso ao que se lle computará a materia aprobada.

The contents of this page were updated on 11.19.2013.