Skip to main content

Candela Mosquera gaña o I Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

Detalle da postal deseñada por Candela Mosquera
Detalle da postal deseñada por Candela Mosquera

Candela Mosquera Cerqueiro é a autora da imaxe gañadora do I Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva, cuxo galardón será unha praza na convocatoria de Verán CampUSC 2014. O xurado tamén destacou a proposta presentada a concurso por Daniel Prieto Mouriz a quen lle outorgou unha mención especial. Presidido polo vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, tamén integraban o xurado o xerente da Fundación, Óscar Hermida; o profesor de Historia da Arte, Enrique Fernández Castiñeiras; a responsable da Oficina de Igualdade, Eva Aguayo; e Rocío Bulnes, en representación da Fundación. A convocatoria estaba dirixida a nenos e nenas nacidos entre os anos 2001 e 2010, ambos incluídos, que podían presentar un só traballo que relacionara o período de Nadal e os deportes do que o xurado valorou a súa calidade en consonancia coa idade dos/as participantes, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática proposta.

The contents of this page were updated on 12.16.2013.