A XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia clausura o seu programa coa entrega de premios
A XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia da USC botará o pano logo da posta en escena de 15 obras coa entrega dos premios correspondentes ás mellores montaxes, direccións de escena, actores e actrices, espazos escénicos e vestiarios. A vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, presidirá a entrega na que tamén intervirán os membros do xurado, conformado por Ernesto Chao, Nuria Sanz, Roberto Leal e Marcos Correa, ademais do coordinador da mostra, Roberto Salgueiro. A sesión comezará ás 20.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Entre os días 8 e 31 de maio discorreron polas táboas das salas Roberto Vidal Bolaño, do Teatro Principal e do Salón Teatro un total de 14 compañías teatrais universitarias de toda Galicia. Para acadar máis información as persoas interesadas poden visitar a páxina da Aula de Teatro da USC en http://auladeteatrodausc.wordpress.com/