Skip to main content

A Oficina de Cursos Internacionais busca familias compostelás que acollan estudantes estranxeiros

A Oficina de Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela coordina un programa de aloxamento en familias do estudantado estranxeiro que virá estudar a Santiago a partir de setembro. Unha das opcións de aloxamento ofertada aos participantes é a de permanecer cunha familia compostelá ao longo da súa estadía na cidade. O programa consiste, en liñas xerais, en recibir a un estudante durante o tempo que dure o seu curso (mínimo de dúas semanas) e darlle a oportunidade de integrarse, na medida do posible, na vida familiar. O alumno disporá dunha habituación individual en réxime de pensión completa ou media pensión. As familias serán retribuídas segundo o período da estadía. As familias interesadas deben poñerse en contacto coa Oficina de Cursos Internacionais (Avda das Ciencias, chalet nº 2. Campus Sur. Santiago de Compostela. Tel: 881814497. E.mail: linguas [at] usc.es (linguas[at]usc[dot]es) (á atención de Lola).

The contents of this page were updated on 05.31.2012.