O reitor Juan Casares preside a inauguración das xornadas ‘El futuro es co-‘
O reitor Juan Casares presidirá este martes 5 na sede de Feuga (r/ Lopez Gómez de Marzoa, s/n) a xornada ‘O futuro é co-‘ sobre a emerxencia da economía da colaboración. O programa estenderase ao longo de todo o día para a analizar como a combinación de activos de empresas de diferentes sectores poden crear novo valor para os clientes a través de solucións a problemas ata o momento non atopados, ou do aproveitamento de oportunidades non explotadas. Na presentación, prevista para as 10.00 horas, intervirán xunto ao reitor a directora xeral de BIC Galicia, Mª Teresa Cancelo, e o fundador e presidente da empresa de servizos de innovación Infonomía, Alfons Cornellá, que será o relator desta xornada. Esta é unha iniciativa dirixida a directivos e executivos de calquera sector que crean na innovación e na colaboración como medio para crear novo valor para os seus clientes.