Skip to main content

Física entrega os premios do II Concurso de Comunicación Científica este xoves

Cartel do certame
Cartel do certame
O certame promove a cultura científica da cidadanía e, en particular, fomenta o interese pola Física, estimulando a aprendizaxe dos seus fundamentos
Santiago de Compostela

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) fai entrega este xoves 14, na Aula Magna da Facultade de Física, a partir das 20.00 horas, dos galardóns pertencestes ao II Concurso de Comunicación Científica. O certame promove a cultura científica da cidadanía e, en particular, fomenta o interese pola Física, estimulando a aprendizaxe dos seus fundamentos.

A participación no concurso estivo aberta a calquera persoa, con especial énfase no persoal investigador dos organismos públicos de investigación; en estudantes de doutoramento, máster e grao; en alumando de ESO e Bacharelato, profesorado que traballa no ámbito da docencia da Física e nos profesionais da divulgación científica e xornalistas.

O certame estrutúrase en tres categorías: monólogos científicos; experimentos, demostracións ou aplicacións web ou para dispositivos móbiles; e artigos de divulgación. A entrega de premios enmárcase na II Semana da Ciencia que está a organizar o IGFAE e cuxo tema vertebrador son os aceleradores de partículas.

The contents of this page were updated on 12.05.2019.