Skip to main content

Filosofía engade á súa colección de arte dúas obras de Lois Rodríguez Camarero e Nel Rodríguez Rial

Imaxe do acto de doazón na Sala de Xuntas de Filosofía
Luis Rodríguez no momento da doazón xunto con integrantes do equipo decanal
Trátase de dous cadros que se exporán na Sala de Xuntas da Facultade

A Facultade de Filosofía acaba de recibir a modo de cesión e doazón temporal, respectivamente, dúas obras pictóricas da man dos profesores xubilados do centro Luis Rodríguez Camarero e Nel Rodríguez Rial. Ambas obras están expostas na Sala de Xuntas da Facultade.

O cadro do profesor Luis Rodríguez Camarero leva por título ‘Curva da Cova’ e trátase dun óleo sobre táboa, de 77 x 82 centímetros. En canto ao do profesor Nel Rodríguez Rial, titúlase ‘Physis I’” e tamén é un óleo, neste caso sobre lenzo, de 92,5 x 146,5 centímetros. No acto de entrega, os autores estiveron acompañados do decano Marcelino Agís Villaverde; do vicedecano Javier Barcia González e do secretario da Facultade Martín Pereira Fariña. O equipo directivo quixo deixar constancia da súa gratitude por esta “xenerosa entrega que contribúe a humanizar e embelecer un espazo do noso centro moi utilizado”.

Imaxe do acto de cesión en Filosofia
Nel Rodríguez coa obra cedida temporalmente e xunto ao decano Marcelino Agís e ao vicedecano Javier Barcia
The contents of this page were updated on 10.11.2022.