Skip to main content

Faíscas Culturais

A dimensión do sensible para novos modelos territoriais: os afectos dixitais

11.29.2024 | 17.30h

Santiago de Compostela
Salón Artesoado

A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais. 

O 29 de novembro, ás 17.30 horas no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, o estudantado da materia Directrices e Modelos de Ordenación Territorial do máster universitario en Planificación e Xestión Territorial  José Ignacio Vila Vázquez, coordinado polo profesor José Ignacio Vila Vázquez, realizará unha visita guiada, xunto co comisariado da exposición, reflexionando sobre como vivimos cada vez máis en contornas dixitais e híbridas e as vantaxes e inconvenientes de ferramentas como os dobres e modelos dixitais para a comprensión territorial e a incorporación da dimensión afectivo-emocional.

A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.

Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
The contents of this page were updated on 11.05.2024.