Skip to main content

Sinatura de exemplares da obra ‘As arestas da sustentablidade’ de Sindo Feijoo

11.12.2025 | 18.30h

Tenda USC
Santiago de Compostela

A sinatura será no espazo da tenda da USC. Foto: Santi Alvite
A sinatura será no espazo da tenda da USC. Foto: Santi Alvite

O catedrático de Enxeñaría Química e vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo, asinará exemplares dos seus libros As arestas da sustentablidade / Las aristas de la sostenibilidad, recentemente editados por Edicións USC. A sinatura terá lugar o mércores 12 ás 18:30h na Tenda da USC, no Colexio de Fonseca.

Desde o momento en que se fraguou o concepto de desenvolvemento sostible en 1987 coa publicación do Informe Bruntland, afianzouse a idea de que protexer o futuro das próximas xeracións ten un carácter poliédrico xa que é preciso actuar en diferentes dimensións. Un dos retos sitúase na cuantificación da sustentabilidade, o que permite realizar unha diagnose adecuada do punto de partida e coñecer o impacto real dos diferentes escenarios.

Precisamente, o libro analiza e avalía algunhas das arestas do poliedro partindo dos artigos que o autor foi publicando na plataforma The Conversations–España. A primeira aresta reflexiona arredor da pregunta Onde e como vivimos? A segunda céntrase en considerar as palabras e datos da sustentabilidade (economía circular, ecobranqueo, ecolóxico, etc.). A última aresta xira sobre a alimentación e a tradición. Coñecendo o pasado e analizando o presente, podemos minorar as incertezas do futuro, facendo así xustiza ao refraneiro: “Tras a tempestade vén a calma”.

As investigacións de Gumersindo Feijoo abordan aspectos relacionados coa análise de ciclo de vida e as pegadas ambientais para a aplicación dos fundamentos da economía circular aos procesos produtivos do sector primario e secundario. Ten publicados máis de 350 artigos en revistas científicas internacionais e nove patentes ou marcas de garantía recoñecidas pola OEPM, destacando a explotación da ecoetiqueta Pescaenverde.

O profesor da USC Atópase entre o 2% de científicos máis citados e influentes do mundo, segundo a base de datos elaborada pola Universidade de Stanford e a empresa Elsevier, unha actividade investigadora que compaxina cun importante número de accións de divulgación como conferencias en colexios, institutos, asociacións e concellos ou publicacións en medios de comunicación, o que lle supuxo gañar o Premio Madre Tierra da Federación Española de Recuperación e Reciclaxe en 2019, entre outros.
 

The contents of this page were updated on 11.10.2025.