11.14.2025 | 11.00h-13.00h
Impartida polo profesor Iván Sambade Baquerín, da Universidade de Valladolid
O profesor da Universidade de Valladolid Iván Sambade Baquerín imparte o venres 14 a conferencia 'Masculinidades en transformación social cara á igualdade', que estará moderada pola decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, Marta Lois.
A actividade, a desenvolver de 11.00 a 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade, está incluída no convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables e precisa inscrición previa.