ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: Second Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable | 1st year (Yes)
• Practicar a fala e a escrita en lingua galega (valorarase exclusivamente o contido e non se rebaixará a puntuación por descoñecer a normativa vixente).
• Reforzar e ampliar os coñecementos do alumnado sobre a Literatura Galega desde os comezos ata 1975 (a publicada desde o século XIX ata 1975).
• Seleccionar os autores e autoras e obras máis representativos desde o Rexurdimento ata 1975.
• Identificar as características definitorias de cada autor e autora estudados e de cada obra salientada.
• Dialogar criticamente sobre autores e autoras e obras que o alumnado aínda non lera.
1. O Rexurdimento.
Contexto histórico, político e social.
A figura de Rosalía de Castro dende unha perspectiva actual. A literatura feminina da época e o papel da muller na sociedade.
Outras "literatas".
Manuel Curros Enríquez, o Rebelde. A súa obra dende unha perspectiva actual.
Eduardo Pondal. O creador do Himno. "Déchesme unha lingua de ferro e deiche unha lingua de ouro".
2. A literatura finisecular.
3. De 1900 a 1936.
As Irmandades da Fala.
O grupo Nós. A vangarda.
A xeración de 1925.
A xeración do Seminario de Estudos Galegos.
4. A guerra civil e a inmediata posguerra.
5. A literatura galega do exilio.
6. A longa noite de pedra.
7. A lenta recuperación.
A narrativa de posguerra.
A poesía de posguerra.
O teatro de posguerra.
Historias da literatura galega:
ASPG: Historia da literatura galega. Enlace á páxina da Asociación Sócio-Pegagógica.
Fernández del Riego, Francisco (1995): Historia da Literatura. Vigo: Editorial Galaxia.
GLIFO (1998): Diccionario de termos literarios (a-d). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades,http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=DITERLI[Consulta: 2 abril 2022].
Blanca-Ana (1996).: A Literatura Galega Infantil. Perspectiva diacrónica, descrición e análise da actualidade. Santiago de Compostela: Universidade, Servicio de Publicacións e intercambio científico. Teses en microficha. N.º 578.
Roig Rechou, Blanca-Ana (Coord.) (2015): Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Tarrío Varela, Anxo (1994): Literatura galega: Aportacións a unha Historia crítica. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Ramón Pena, Xosé: Historia da literatura galega I-II-III. Edicións Xerais de Galicia.
Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995): Dicionario da Literatura Galega I.Autores. Vigo: Editorial Galaxia.
Vilavedra, Dolores (2003): Diccionario da literatura galega III. Obras. Vigo: Editorial Galaxia.
Figueroa, Antón (2001): Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
González-Millán, X. (1994): Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
López Sández, María (2008): Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio. VII Premio Ramón Piñeiro. Vigo: Editorial Galaxia.
Lourenzo, Manuel e Francisco Pillado Mayor (1979): O teatro galego. Sada - A Coruña: Ediciós do Castro.
Nogueira Pereira, María Xesús (2005): Estratexias narrativas na obra de Cunqueiro. Santiago de Compostela: Universidade. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega. Tese de doutoramento.
Nogueira Pereira, María Xesús (2009): Soñadores e familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro. Santa Comba: TresCtres Editores.
Rodríguez, Francisco, Claudio Rodríguez Fer, Francisco Salinas Portugal, Francisco Pillado Mayor, Manuel Lourenzo e Xosé María Dobarro Paz (1985): A nosa literatura: unha interpretación para hoxe (II). A Coruña: Edicións Xistral.
Roig Rechou, Blanca-Ana (Coord.) (1996-2019): Informe de Literatura. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. (CD-ROM ewww.cirp.es/rec2/informes/) [Consulta: 2 abril 2022].
Roig Rechou, Blanca-Ana (2002b): “Literatura infantil e xuvenil. Carlos Casares in memoriam(1942-2002)”, en Revista Galega do Ensino, “O pracer de ler”, nº 35 (maio 2002), 235-243.
Roig Rechou, Blanca-Ana (2004a): “O contexto”. En Carlos Casares, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Versión e
• Mellorar as habilidades comunicativas en lingua galega, tanto na fala coma na escrita.
• Rememorar os coñecementos previos sobre a Literatura Galega desde o Rexurdimento ata 1975.
• Reforzar a capacidade de síntese do alumnado á hora de analizar e investigar, na breve proba escrita final da materia, dos contidos recibidos na aula.
• Analizar o máis sorprendente e o menos relevante na historia da obra ou obras que elixirán, con total liberdade, entre as publicadas orixinalmente (non se admiten traducións) en galego desde o Rexurdimento ata 1975.
• Condensar de forma clara e reflexiva nun traballo escrito (a modo de análise comparativa dos aspectos que considere relevantes o alumnado), tras a lectura dunha obra ou obras que elixirá, con total liberdade, entre as publicadas orixinariamente (non se admiten traducións) en galego desde o Rexurdimento ata 1975.
Abordarase a Literatura Galega desde o Rexurdimento ata 1975 desde un enfoque comparativo, no que se incidirá no contexto sociopolítico e cultural que condiciona a cada autor e que inflúe na súa obra literaria, e na análise filolóxica e crítica do autor e da súa produción literaria.
Ademais, se é factible, realizaranse clases prácticas (en fundacións de autores e autoras, por exemplo, a Casa-Museo Rosalía de Castro, Museo Álvaro Cunqueiro, a Fundación Manuel Antonio ou a Fundación Rafael Dieste, Fundación Manuel María, Fundación Uxío Nononeyra) para coñecer de primeira man a súa biobliografía, as súas obras de consulta e os seus referentes, entre outros aspectos) e saídas a exposicións sobre autores e/ou as súas obras, a representacións teatrais, pictóricas, fotográficas ou outra manifestación artística que versen sobre autores en lingua galega; a presentacións de libros; a conferencias e/ou a cursos sobre autores, temas ou obras tratadas por autores recoñecidos en lingua galega, entre outras posibles actividades que se celebren durante o segundo trimestre. Se non fose posible realizar estas prácticas en horario lectivo, ofrecerase información ao alumnado para que poda realizalas no seu tempo de lecer.
Para aprobar a materia “Literatura Galega desde o Rexurdimento ata 1975” é obrigada a asistencia ao 80% das clases impartidas. O alumnado debe avisar na aula ou por correo electrónico das ausencias non xustificadas. As xustificadas son só por causa médica ou semellantes (non preciso a entrega ou envío de ningún certificado médico).
O alumnado compensará as ausencias non xustificadas coa participación activa na aula, a exposición oral e o traballo escrito.
A nota final (100%) será a suma dos seguintes parámetros:
• a participación activa na aula (un 40% para a nota final),
• unha proba escrita (pode sumar un 30% para a nota final) na que o alumnado demostrará ter comprendido os contidos explicados na aula,
• a lectura dunha obra ou dalgún capítulo de obras publicadas orixinalmente (non se admiten traducións) desde o Rexurdimento ata 1975, valorando que aspectos lle sorprenderon gratamente do libro e cales lle resultaron pouco relevantes ou posteriores, pero que traten esa época histórica.
• A realización dun traballo escrito sobre algún tema ou aspecto tratado na aula ou proposto pola profesora ou polo propio alumnado.
O alumnado debe entregarme unha copia en papel do seu traballo. Extensión máxima do traballo: 5 folios, interliñado 1,5 cm, letra Arial, 12 puntos, xustificado (se se realiza cun programa informático) ou 5 folios a man, con caligrafía lexible.
• A participación activa na aula (pode sumar un 40% na nota final).
Para aprobar a materia cómpre o tempo da aula e unha pequena participación na casa de trinta horas como máximo. Para a obtención dunha boa cualificación e a elaboración dun traballo cómpre máis dedicación, daquela, unhas 20 horas máis.
Na materia “Literatura Galega desde os comezos ata 1975” estudaranse os autores e autoras que publicaron en lingua galega a súa produción nos tres xéneros canónicos (narrativa, poesía e teatro) desde os comezos ata 1975. Contextualizaranse os autores e autoras máis recoñecidos pola crítica e o público e precisaranse os trazos definitorios da súa escrita e das súas obras máis destacadas, que se constatan nos fragmentos textuais seleccionados para a súa lectura e comentario na aula.
Por tanto, recomendamos coñecer o corpus tratado afondando nas obras e nos autores e autoras máis importantes.
OBSERVACIÓNS
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Ánxela Rodríguez Rodríguez
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- anxelarodriguez.rodriguez [at] usc.es
- Category
- External area professional_máx. 30 h
Wednesday | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galician | 5512 Aula 3 pl baixa Facultade Ciencias |