Pasar al contenido principal

O profesor Fernando Acuña Castroviejo disertará en Porto sobre a evolución do ensino da arqueoloxía

O catedrático de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo participará nas xornadas que organiza o Departamento de Ciencias e Técnicas do Patrimonio da Universidade de Porto con motivo do aniversario da Revolución portuguesa tituladas ‘40 anos despois de abril. Patrimonio e Ciencia no norte de Portugal’. O docente da USC, convidado polas estreitas relacións existentes neste campo entre Galicia e Portugal, disertará sobre o ensino da arqueoloxía dende o franquismo ata a actualidade. As xornadas versarán sobre arqueoloxía, historia da arte e museoloxía con especial atención á evolución desas disciplinas nos últimos anos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2014.