Pasar al contenido principal

USC e Consorcio de Santiago presentan un libro sobre o labor de restauración do arquitecto Pons Sorolla

Portada do libro
Portada do libro
A doutora en Historia da Arte Belén Castro repasa o seu traballo na cidade en 300 páxinas con numeroso material gráfico

A Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago editan o libro Francisco Pons Sorolla. Arquitectura y restauración en Compostela (1945-1985), da historiadora Belén Castro. A obra, baseada na súa tese de doutoramento, preséntase este martes 22 ás 19.00 horas no Museo das Peregrinacións de Santiago (Praza das Praterías) coa asistencia do vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; o alcalde de Santiago, Ángel Currás; a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón Vilasánchez; e a autora, Belén Castro. O libro recupera e pon en valor a figura do arquitecto Pons Sorolla (Madrid, 1917-2011) que entre os anos 1945 e 1985 realizou un inxente labor de restauración de monumentos e ordenación urbana no casco histórico de Santiago integrando as ideas de conservación do patrimonio co crecemento natural da cidade. A obra é resultado da tese da autora e conta cunha edición gráfica espectacular que inclúe máis dun cento de imaxes, planos e outros documentos que permiten dar conta do traballo desenvolto polo arquitecto. Pons Sorolla interveu nunha trintena de edificios de toda a cidade e o seu labor foi determinante para acadar a declaración de Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO. A edición deste libro é froito do convenio de colaboración que manteñen a USC e o Consorcio de Santiago dende 1993 e ao abeiro do que se levan editados numerosos libros de temática compostelá.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2014.