Pasar al contenido principal

O reitor asiste en Salamanca a un encontro de universidades xaponesas e españolas

O reitor Juan Casares asiste este xoves 7 e o venres 8 ao Encontro de Reitores de Universidades Xaponeses e Españolas que organiza a CRUE en Salamanca. O fin desta xuntanza bilateral será a creación dunha rede de traballo conxunto que facilite os acordos bilaterais entre as institucións de ensino superior de ambos os dous países. O programa do encontro articúlase en tres paneis temáticos dedicados a investigación e competencia, acordos académicos e redes de intercambio. O primeiro deles terá como misión a creación dun consorcio de investigación que facilite o acceso a proxectos competitivos no plano internacional, mentres que no capítulo dos acordos búscase o recoñecemento de créditos entre institucións universitarias de España e Xapón. No panel de Redes de intercambio, os reitores tratarán a creación de redes comúns para o fomento da mobilidade de estudantes, profesores e investigadores. En cada un dos paneis intervirán representantes das universidades españolas públicas e privadas, representantes das xaponesas, tanto públicas como locais, e representantes ministeriais, dos gobernos autonómico e local así como da embaixada de Xapón. Neste senso, o reitor Juan Casares será un dos participantes do panel dedicado aos acordos académicos, no que tamén intervén en calidade de presidente do Comité Executivo da Comisión de Internacionalización e Cooperación das Universidades Españolas (CICUE). O evento tamén incluirá unha visita ao Parque Científico da Universidade de Salamanca, e ao novo edificio de Investigación e Desenvolvemento en Salamanca.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.11.2013.