Pasar al contenido principal

O deporte universitario como modelo de cooperación transfronteiriza na celebración dos XXVII Xogos Galaico Durienses

O director da Fundación CEER e profesor da USC, Rubén Lois, á esquerda xunto co resto de representantes das entidades organizadoras
O director da Fundación CEER e profesor da USC, Rubén Lois, á esquerda xunto co resto de representantes das entidades organizadoras
O concello galego de Tomiño e o portugués de Vila Nova da Cerveira acollerán os días 19 e 20 os XXVII Xogos Galaico-Durienses

Os XXVII Xogos Galaico Durienses porán en competición durante dous días 200 deportistas pertencentes ás seis universidades públicas da Eurorrexión ­–Universidades de Santiago de Compostela, Trás-os-Montes e Alto Douro, Vigo, Minho, Porto e A Coruña­– que envían cadansúa delegación formada por 33 deportistas e técnicos nas modalidades de baloncesto, fútbol sala e xadrez. Esta cita deportiva dará comezo en Tomiño o 19 ás 10.00 horas de España co seminario ‘O deporte universitario na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Liñas estratéxicas, orientacións e principais desafíos en torno á Estratexia Europa 2020’ no que participarán representantes dos servizos e titulacións deportivas das seis universidades xunto cos das corporacións municipais de Tomiño e Vila Nova da Cerveira. Xa ás 13.00 horas terá lugar a inauguración oficial dos xogos no mesmo Auditorio de Goián, en Tomiño, para dar paso pola tarde ás competicións simultáneas de fútbol sala, baloncesto e xadrez, que continuarán na mañá do día 20 ata as 14.00 horas, cando se clausurará o evento no Pavillón Municipal de Vila Nova da Cerveira coa asistencia do secretario de Estado do Desporto e Juventude de Portugal, o secretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, o presidente da Fundación CEER e reitor da Universidade do Minho, a alcaldesa de Tomiño e o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova da Cerveira. A XXVII edición dos Xogos Galaico-Durienses está organizada pola Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) en colaboración coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial, ambas entidades dedicadas á cooperación transfronteriza Galicia-Norte de Portugal, xunto coas seis universidades públicas de Galicia e do Norte de Portugal, e patrocinado polo grupo galego Gadisa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.11.2013.