Pasar al contenido principal

A plataforma ‘Na encrucillada’ organiza en Lugo unha clase ao aire libre sobre os recortes na universidade

A profesora de Dereito Administrativo Alba Nogueira será a encargada da actividade

A iniciativa ‘Na Encrucillada. Universidade en debate’, unha plataforma creada por diferentes colectivos de profesores, alumnos, investigadores e persoal de servizos da USC no Campus de Lugo para analizar e debater sobre a actual situación económica nas súas distintas vertentes, organiza para o venres 1 de xuño, a partir das 19.00 horas, unha clase ao aire libre para falar sobre os recortes “estatais e autonómicos” na educación universitaria. A actividade desenvolverase no fondo da Praza Maior da capital lucense, e a encargada de impartir esta “aula na rúa” será a profesora de Dereito Administrativo da USC Alba Nogueira López. Segundo os organizadores, “trátase dunha actividade aberta para toda a comunidade universitaria, a cidadanía lucense e os transeúntes”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.05.2012.