Pasar al contenido principal

Seminario ‘A cuestión palestina: unha mirada dende o dereito internacional’

22.11.2024 | 10.00h

Salón de Actos

Participan especialistas da USC, do IECAH e da Universidade de Málaga

O encontro desenvolverase na Facultade de Dereito
O encontro desenvolverase na Facultade de Dereito

Reflexionar sobre a cuestión palestina dende o dereito internacional é o propósito do seminario que o Mestrado Universitario en Estudos Internacionais da USC e a Fundación Araguaney – Puente de Culturas organizan para o vindeiro 22 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Dereito.

A xornada dará comezo ás 10.00 horas cunha breve introdución a cargo do coordinador do mestrado, Miguel Arenas Meza, do presidente de honra da Fundación Araguaney , Ghaleb Jaber Ibrahim, e do director da Fundación, David Rodríguez Seoane. Deseguido intervirá Jesús Núñez Villaverde, codirector do Instituto de Estudos de Conflitos e Axuda Humanitaria (IECAH), experto en relacións internacionais, seguridade internacional, construción da paz e prevención de conflitos violentos e mundo árabe-musulmán, coa conferencia ‘Panorámica xeopolítica de Palestina, entre convulsións violentas e a esperanza da paz’.

‘O conflito en Gaza ante o Dereito Internacional Humanitario’ é o tema do relatorio que pronunciará ás 11.00 horas o profesor titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da USC Julio Jorge Urbina. Seguiralle a catedrática de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade de Málaga Ana Salinas de Frías cunha intervención titulada ‘A guerra en Gaza. Pode a loita contra Hamás xustificar un xenocidio?’. O seminario rematará cun coloquio entre todas as persoas asistentes.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.11.2024.