Pasar al contenido principal

Conferencia de José María Fernández Palacios: 'Extinción en illas oceánicas. O caso da Macaronesia'

22.11.2024 | 10.00h

Santiago de Compostela
Aula 03

Facultade de Bioloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Bioloxía. FOTO: Santi Alvite

O profesor José María Fernández Palacios ofrece o venres 22 de novembro a conferencia 'Extinción en illas oceánicas. O caso da Macaronesia'. Será a partir das 10.00 horas na Aula 03 da Facultade de Bioloxía. José María Fernández Palacios (As Palmas de Gran Canaria, 1958) é catedrático de Ecoloxía da Universidade de La Laguna desde 2011 e coordinador do grupo de investigación en Ecoloxía e Bioxeografía Insular da devandita universidade.

Entre as súas liñas de investigación destacan, ademais da ecoloxía e a bioxeografía insular, a dinámica forestal da laurisilva e do piñeiral, así como a paleoecoloxía, a ecoloxía da restauración e os impactos dos incendios forestais, as especies exóticas e o pastoreo. É autor dunhas 200 publicacións, a gran maioría en revistas de impacto, e dunha ducia de libros relacionados coa ecoloxía das illas en xeral e a das Illas Canarias en particular.

 

José María Fernández Palacios
José María Fernández Palacios
Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.11.2024.