Pasar al contenido principal

Filosofía na Rúa 2024

Conferencias de Carme Adán, Jesús M. Díaz e Pablo Sar

26.11.2024 | 16.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

Jesús M. Díaz Álvarez, profesor da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) ofrece o martes 26 de novembro Na Facultade de Filosofía e a partir das 16.00 horas a conferencia 'Filosofía, educación e democracia. Un diálogo imaxinario entre José Ortega y Gasset e Richard Rorty'. Terá lugar no Salón de Actos.

Tras esta charla, ás 17.30 horas e no mesmo lugar a profesora Carme Adán, do IES Politécnico de Vigo e integrante do Consello da Cultura Galega imparte a conferencia 'Habitemos mundos cyborgs. Sobre o pensamento de Donna Haraway'.

Finalmente, ás 19.00 horas será a vez do profesor da Universidade de Oxford Pablo Sar, que ofrecerá a conferencia 'Que teñen en común Harry Potter, Xogo de Tronos e Humphrey Bogart?: Unha visión tráxica no cinema'.

As tres conferencias foron organizadas dentro do Ciclo Coñecemento e Cidadanía, organizado polo Máster en Filosofía: Coñecemento e Cidadanía da USC.

Cartel da conferencia de Jesús M. Díaz
Cartel da conferencia de Jesús M. Díaz
Cartel da conferencia de Carme Adán
Cartel da conferencia de Carme Adán
Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.11.2024.