Pasar al contenido principal

Asociación de Amigos do MHN

Nadal con sentidiño - Concurso de contos ilustrados de Nadal e natureza

18.12.2024

cartel
Nadal con sentidiño

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC organiza un ano máis o seu concurso anual Nadal con sentidiño, unha iniciativa para gozar das festas de forma responsable e respetuosa co medio ambiente. Este ano, o tema central é a relación entre o Nadal e a natureza, no que conceptos de coidado e respecto ao medio natural e conservación da biodiversidade estean presentes.

Obxectivo
Escribir e ilustrar un conto que vincule o Nadal coa natureza, resaltando valores de sustentabilidade e respecto polo medio ambiente.

Modalidades

  • Individual: Contos orixinais escritos e ilustrados, en tamaño DIN A-4, preferentemente a man. Categorías:
    • Cativos: Ata 8 anos
    • Mocidade: De 9 a 14 anos
    • Xeral: Maiores de 15 anos
  • Colectiva: Obra gráfica orixinal en formato DIN A-3 ou DIN A-2, realizada por aulas escolares, asociacións ou grupos.

Técnica libre
Premiarase a orixinalidade, presentación e calidade.

Premios

  • Modalidade individual: Dous premios por categoría, consistentes en diplomas e agasallos (xogos e libros).
  • Modalidade colectiva: Primeiro premio cun diploma e agasallo colectivo; segundo premio cun diploma e unha invitación a un obradoiro do museo.

Prazos e datas clave

  • Prazo de presentación: Ata o 17 de decembro no Museo de Historia Natural.
  • Fallo e entrega de premios: 18 de decembro, ás 18:00 h.

As obras estarán expostas durante o Nadal e poderán ser retiradas a partir do 8 de xaneiro de 2025. De non retirarse, pasarán a ser propiedade da Asociación de Amigos do Museo.

Consulta as bases completas e anímate a participar!

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2024.