Pasar al contenido principal

O reitor recibiu ao embaixador de Francia en España

O reitor recibiu ao embaixador de Francia en España
O reitor recibiu ao embaixador de Francia en España

O reitor Juan Casares recibiu este xoves 13 no Colexio de San Xerome ao embaixador de Francia en España, Jérôme Bonnafont, que se atopa de visita en Santiago. O encontro serviu para intercambiar opinións sobre o importante volume de estudantes españois e franceses que participan dos programas de intercambio entre España e Francia. No encontro na Reitoría compostelá, o embaixador estivo acompañado do cónsul xeral de Francia en Bilbao, Fabrice Delloye, do ministro conselleiro para asuntos económicos, Philippe O’Quin, e da segunda conselleira da embaixada Virginie Bioteau, así como do vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet. Posteriormente, desprazouse á Facultade de Dereito onde pronunciou unha conferencia sobre a integración cultural europea.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.02.2014.