Ir o contido principal

O CulturaLab do Máster en Servizos Culturais terá lugar este xoves 20 de xuño ás 17.00h

O CulturaLab do Máster en Servizos Culturais terá lugar este xoves 20 de xuño ás 17.00h
O CulturaLab do Máster en Servizos Culturais terá lugar este xoves 20 de xuño ás 17.00h
O Salón de Actos da Facultade de Humanidades acollerá este xoves 20 de xuño, ás 17:00 horas, a presentación dos tres proxectos culturais elaborados no marco do CulturaLab do Máster en Servizos...
Lugo

O Salón de Actos da Facultade de Humanidades acollerá este xoves 20 de xuño, ás 17:00 horas, a presentación dos tres proxectos culturais elaborados no marco do CulturaLab do Máster en Servizos Culturais, dirixido pola profesora Carme Silva.

 

O CulturaLab constitúe unha iniciativa desenvolvida ao longo do presente curso no que varias alumnas e alumnos do Máster recibiron formación específica orientada ao deseño dun proxecto cultural, na maior parte dos casos a partir da idea que eles e elas tiñan traballada de cara á confección do seu Traballo Fin de Máster.

 

Os alumnos Tatiana Fernández, Gabriel Gómez e Beatriz Losada defenderán o seu proxecto cultural perante un grupo de relevantes profesionais da xestión cultural en Galicia como é o caso de María Pereira da Fundación Cidade da Cultura, Dolores Meijomín de AGADIC, Uxía Caride da Asociación Galega de Produtores Independentes, e Encarna Lago da Rede Museística de Lugo.

 

A asistencia é aberta e de balde ata completar aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.