Ir o contido principal

O XIII Curso de Primavera do Campus Terra afonda na relación entre cine, televisión e cultura

El XIII Curso de Primavera del Campus Terra ahonda en la relación entre cine, televisión y cultura
El XIII Curso de Primavera del Campus Terra ahonda en la relación entre cine, televisión y cultura
A relación entre cine, televisión e cultura centra a temática da décimo terceira edición do Curso de Primavera da USC, un foro de debate e divulgación coordinado nesta edición polo estudante de...
Lugo

A relación entre cine, televisión e cultura centra a temática da décimo terceira edición do Curso de Primavera da USC, un foro de debate e divulgación coordinado nesta edición polo estudante de último curso do grao en Ciencias da Cultura Mario Sanfiz e que se desenvolverá ata o venres 6 de abril no salón de actos da Facultade de Humanidades do Campus Terra.

 

O propio coordinador deste programa formativo e de divulgación, Mario Sanfiz; a decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey, e o profesor do centro e poeta Claudio Rodríguez Fer, foron os encargados de dar a benvida a todos os participantes no marco dun breve acto inaugural no que se fixo fincapé na estreita ligazón deste centro universitario lugués co mundo audiovisual, xa a través da organización de cursos e seminarios, proxeccións cinematográficas ou mesmo en materias ligadas ao cine que se imparten no grao de Ciencias da Cultura.

 

O profesor de Comunicación e Xornalismo Especializado da USC e director da revista Tempos Novos, Luis Álvarez Pousa, abriu a quenda de intervencións da primeira xornada do curso, que xirará arredor do cine e a literatura, cunha exposición baixo o título ‘Carlos Velo, entre Cartelle a Comala’. O doutor en Belas Artes, investigador e cineasta José Manuel Mouriño e a profesora de Literatura Española na USC Cristina Patiño Eirín, completaron a quenda de relatorios matinais con dúas intervencións desenvolvidas, respectivamente, baixo os títulos ‘Dar forma ao regreso. De Marcel Proust a Andréi Tarkovski’ e ‘Imaxes fílmicas de Emilia Pardo Bazán’.

 

Una sesión de cinefórum sobre literatura e cine de suspense, no marco do que se proxectou o filme ‘Rebecca’, de Alfred Hitchcock, e que logo tivo continuidade co relato ‘Rebecca: Hitchcock y Daphne du Maurier’, a cargo da profesora Silvia Alonso, serviron de colofón da primeira xornada do XIII Curso de Primavera da USC, un seminario organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

 

Programa do mércores

Televisión e cultura serán os temas sobre os que tratarán os relatores convidados a participar este mércores no XIII Curso de Primavera da USC, un foro no que distintos especialistas tamén afondarán ata o venres 6 de abril sobre as ligazóns e interaccións entre cine, cultura e memoria, ao tempo que realizarán unha análise sobre a situación e a evolución do cine e televisión en Galicia. A celebración de varias sesións de cinefórum, así como de recitais literarios, completan o programa.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.