Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Salón de Actos
Cátedra CIBERECO
A cargo de María Purificación Cariñena Amigo, profesora da USC (Departamento de Electrónica e Computación) e colaboradora da cátedra.
Esta charla, que forma parte do conxunto de seminarios da Cátedra CIBERECO, ofrece unha visión global sobre os piares fundamentais da ciberseguridade: confidencialidade, integridade e dispoñibilidade, así como os principais mecanismos de defensa fronte aos distintos tipos de ameazas a cada unha destas dimensións. Introdúcese ademais un conxunto de principios e boas prácticas relacionadas co comportamento dixital dos usuarios, en particular: seguridade e privacidade nos dispositivos, na navegación web e nas redes sociais.
Lugar: Escola Técnica Superior de Enxeñaría - Salón de Actos
Hora: 12:30
Destinatarios: Estudantes de todas as áreas, especialmente aqueles que utilizan redes sociais e dispositivos conectados.
Inscripción a través del siguiente enlace: https://forms.office.com/e/FCvyiT1KwA?origin=lprLink
Esta actividade forma parte das actividades da Aula Profesional