Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A asignatura pretende que o futuro farmacéutico sexa quén de interpreta-lo estado de saúde a partires dos resultados das probas do laboratorio clínico de tipo bioquímico, con algunha das seguintes finalidades:
a) Ofrecer información para unha mellor comprensión dun problema de saúde.
b) Orientar ó pacente cara a unha pronta recuperación.
c) Recomendar a visita ó médico/especialista, cando sexa oportuno.
Por elo, os diferentes temas presentan as probas bioquímicas, os especímenes axeitados, a interpretación dos resultados e as limitacións que se han considerar cando se pretendan usar como unha ferramenta para a detección, diagnóstico, seguemento ou o pronóstico do cadro clínico.
Clases expositivas: Para impartirse en 30 horas lectivas presenciais, divídense en dous bloques:
Grupo Temático I: Principios Xerais de Funcionamento do Laboratorio de Análises Clínicas Bioquímicas.
Este primeiro grupo de temas repasa aspectos xerais da interpretación dos resultados. Inclúe dende a solicitude das probas, a obtención estandarizada dos materiais biolóxicos máis frecuentes e os factores que poidan influír nos resultados. Finalmente, indícanse algunhas consideracións e estratexias para interpretar o estado de saúde a partir dos resultados das probas clínicas.
Tema 1. A solicitude de análise e mostras.
Tema 2. Factores de variación dos resultados.
Tema 3. Fundamentos da interpretación.
Tema 4. Análise rápida na Oficina de Farmacia: dispositivos de autodiagnóstico.
Grupo Temático II: Avaliación Funcional de Órganos e Sistemas.
Repasar exames bioquímicos da función dos principais órganos e sistemas. Cada tema aborda as magñitudes bioquímicas máis axeitadas ó estudo desexado, o material biolóxico a empregar na análise, as bases e limitacións das probas para finalmente propoñer unha estratexia de aproximación ó problema de saúde.
Tema 5. Avaliación da función e integridade do fígado.
Tema 6. Avaliación da función renal.
Tema 7. Exploración do balance hidroelectrolítico.
Tema 8. Gases no sangue: Exploración do equilibrio ácido-base
Tema 9. Utilidade clínica das proteínas plasmáticas.
Tema 10. Investigación das dislipidemias.
Tema 11. Diagnóstico e seguimento da Diabetes Mellitus.
Tema 12. Avaliación bioquímica de cardiopatías.
Tema 13. Avaliación do metabolismo mineral. Enfermidades dos ósos
Tema 14. Exploración da enfermidade pancreática e intestinal
Tema 15. Programa de detección precoz de enfermidades endocrino-metabólicas.
Programa de clase interactiva (CI)
Supoñen unha carga de 8 horas lectivas presenciais distribuídas en 4 sesións.
CI-1: Materiais para a toma de mostras. Caso clínico: resultados analíticos inesperados.
CI-2: Casos clínicos A) Valoración da función hepática. b) ril
CI-3: Casos clínicos: A) Avaliación ácido-base B) Diabetes.
CI-4: perfís proteicos normais e alterados. Perfís de isoenzimas.
Programa de clases prácticas:
A realizar no laboratorio de Bioquímica sito pavillón A do edificio da Facultade de Farmacia (1º Andar) en quendas de mañá e tarde organizadas pola Dirección do Centro e, preferentemente, realizanse no mes de novembro.
Práctica 1. Realización e Interpretación da Urianálise.
Práctica 2. Cuantificación da actividade enzimática: FAL como exemplo.
Práctica 3. Sistemas POCT: asignación fenotípica dunha dislipemia e risco cardiovascular
Práctica 4. HbA1c. Diagnóstico e seguimento de pacientes con diabetes
As prácticas desenvólvense secuencialmente ó longo dunha semana. O último día de cada quenda realizarase unha avaliación práctica individual (ver Sistema de Avaliación).
Básica:
a) Principios de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. Alvaro González Hernández. 3ª edición. Elsevier. Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-389-6
Libro con alto grao de concordancia no plantexamento dos temas e de contidos, axeitado como libro de texto para o estudo da materia.
b) Contemporary Practice in Clinical Chemistry. 4th Ed. William Clarke and Mark A. Marzinke. Elsevier-Academic Press, 2020. ISBN978-0-12-815499-1.
Texto avanzado que actualiza e profundiza nas últimas tendencias e de aproximación ós diagnósticos basados na medicina do laboratorio.
c) Laboratorio Clínico: Indicaciones e Interpretación de los resultados. Kathleen Pagana, Timothy Pagana. Primera Edición en Español. Traducido por Martha Elena Buschbeck para Editorial El Manual Moderno S.A. Mexico-2015. ISBN 978-607-448-508-0
Texto traducido da versión inglesa Mosby's Manual of Diagnostic and Laboratory Tests, 5th edition. Elsevier-2014. Revisa aspectos fisiopatolóxicos e moleculares dos procesos que afectan ós organos e sistemas do corpo humano.
d) Lab Test online. (https://labtestsonline.es/acerca-de-esta-web)
Páxina web da Sociedad Española de Química Clínica (SEQC) e consulta gratuíta. Trátase dunha traducción española realizada pola SEQC da homónima orixinaria da American Association for Clinical Chemistry (AACC). Recolle información, en continua actualización, sobre as probas dos laboratorios en diferentes escenarios fisiolóxicos e patolóxicos. Útil desde a perspectiva de guías clínica de consulta rápida das probas diagnósticas do laboratorio clínico.
Complementaria .
a) Bioquímica Médica. John W. Baynes & Marek H. Dominiczak. 5ª Edición. Elsevier. –Barcelona-2019. ISBN 978-84-9113-406-0
Para o repaso dos coñecemntos da Bioquímica xeral. Conta con cadros e exemplos clínicas explicados.
b) Best & Taylor: Bases Fisiológicas de la Práctica Médica. MA Dvorkin, DP Cardinali y RH Iermoli. 14ª edición. ED. Médica Panamericana-Buenos Aires -2010. ISBN: 978-950-06-0253-2
Para repaso da Fisioloxía e Fisiopatoloxía. En moitos temas aporta unha xustificación do interese das probas utilizadas en cada cadro clínico-patolóxico.
c) Henry’s Clinical Diagnosis and Management by Laboratory Methods. 23rd Ed. Richard A. McPherson & Matthew R. Pincus. Elsevier-Saunders, 2017. ISBN 978-0-323-29568-0.
Texto expecializado orientado ós coñecementos da metodoloxía analítica e na interpretación diagnóstica.
A asignatura ten un enfoque clínico-asistencial no eido da atención farmacéutica, na que predomina a interpretación dos resultados comúns, máis que a sua producción dos mesmos, para ser capaz de entende-lo estado fisiopatolóxico, ou a resposta a unha terapia, a partires dunha análise de rutina.
Con esta asignatura dase formación nas competencias xerais e específicas contempladas na Orden CIN/2137/2008 nos seguintes puntos de interese.
Competencias xerais CG1 y CG2, que en relación ó módulo MF fan referencia a:
• Desenvolve-las análises clínicas e emiti-los correspondentes informes de diagnótico de laboratorio.
• Coñecer e comprende-la estructura do corpo human, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracions moleculares e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaura-la saude.
•Desenvolver habilidades de comunicación e información con outros profesionais sanitarios ou pacentes.
• Levar a cabo as actividades da atención farmacéutica.
• Recoñece-las propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional.
Competencias específicas .
• Diseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas. Coñecementos dos fundamentos básicos das análises bioquímicas (B01; Q02, MF02; MF03).
• Coñece-las técnicas analíticas relacionadas cós diagnósticos de laboratorio (Q03, Q10, MF02, MF03, MF14 ) .
• Intervir nas actividades de promoción da saúde e prevención da enfermidade nos ámbitos individual, familiar e comunitario; dende unha visión do laboratorio clínico-bioquímico (LS01).
• Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita, con pacentes e usuarios nun centro profesional no que exerza (LS08).
Competencias transversais.
Entre as posibles competencias transversais a desenvolver dáselle máis importancia as seguintes:
• Habilidades de xestión da información (CI08).
• Resolución de problemas. (CI09)
• Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas (CP05)
• Habilidade para o traballo autónomo (CS08).
A metodoloxía plantexa catro elementos formativos:
A) Clases Expositivas. Son sesións de 55 min de duración que se impartirán axustadas ó calendario e horarios aprobados polo Centro. Pensadas para ser impartidas polo profesor na aula, có apoio de presentacións, esquemas ou vídeos.
O alumnado participa seguindo as explicacións, plantexando as dúbidas que lle xurdan, e respondendo, individualmente e nun tempo limitado, ás preguntas que se plantexan en relación co tema que se está a revisar. Para contestar, está permitido o acceso ás notas de clase, pero durante a proba non se pode compartir ningún tipo de información dos, ou cos, compañeiros. As probas son parte da avaliación contínua e poden ser plantexadas en formato oral, manuscrita ou dixital.
B) Clases interactivas. Son sesións na aula de 55 minutos, axustadas ó calendario e distribución organizados polo Centro académico.
Nelas o profesor presenta, nun contexto de atención farmacéutica, unha consulta interpretativa dunha análise na que haberá que poñer en práctica os coñecemento e estratexias desenvolvidas na clase teórica. Algunha destas preguntas, ou similares, serán recollidas para ser avaliadas para a avaliación contínua (ver sistema de avaliación).
C) Clases prácticas de laboratorio: Pensadas como unha actividade presencial nas instalacións dos laboratorios de prácticas que usa ó Departamento de Bioquímica na Facultade de Farmacia, axustaranse ó calendario e distribución elaborado polo Centro.
Nelas o profesor introduce a práctica e encaixa no temario da asignarura. Dirixe o avance do grupo polas etapas do proceso analítico, de cálculos e interpretacións. Pode recabar dos alumnos a resposta a cuestións de índole teórica que teñen relación coa análise en práctica que parte da avaliación contínua(ver sistema da avaliación).
O alumnado disporá dunha breve guía do proceso analítico de cada unha das prácticas, có que poderá acompañarse á realización da proba de avaliación procidemental e de interpretación ó remate de cada turno de prácticas.
D)Tutorías de pizarra. Concebidas como sesións para clarexar dúbidas sobre os contidos teóricos-practicos non son puntuables. Realízanse en grupos reducidos nun escenario presencial na aula e programados no calendario do curso pola Dirección do Centro.
Para a cualificación e xera-la nota final da materia tómanse en consideración ás avaliacións de tres bloques de avaliación:
a) Avaliación Continua (AC): ata un máximo de 20 puntos. Baséase na puntuación acumulada das respostas ás preguntas nas clases presenciais (ver metodoloxía). Esta puntuación só se utilizará na 1ª Oportunidade como mellora da nota do alumnado que acade unha cualificación de "aprobado" no examen de coñecementos, e non se utiliza no cómputo de nota da 2ª Oportunidade.
b) Exame práctico (EP): Realizado individualmente polo alumnado diante do profesor ó remate do turno de prácticas. Deberá recoñecer materiais biolóxicos, reproducir procesos e cálculos, e interpretar as análises desenvolvidas nas clases prácticas. A duración aproximada será de 10-15 minutos e poderá utiliza-la guía de procedementos. Terase en conta a actitude, a habilidade na execución, a calidade da información interpretativa, orde e limpeza. Ó remate da proba, informarase da cualificación para a Oportunidade de avaliación, podendo ésta ser "APTO", con validez para os seguintes 5 anos, ou "Non APTO", ata realizar un nova avaliación noutra Oportunidade á que decida presentarse.
c) Exame de Teoría e Coñecementos (TC): Exame de puntuación máxima 50 puntos, sobre os contidos teórico-prácticos da materia, a resolver en 90 min, con preguntas en diferentes formatos (test, verdadeiro/falso, resposta curta...) e nunha proporción variable. Ningúnha delas terá un valor negativo por fallo ou falta de resposta, pero esíxese un mínimo de respostas correctas do 20-30% por tema ou grupo de temas que se indicará no texto da proba e para cada Oportunidade.
En todo momento será de aplicación ó disposto no Regulamento da Institución para a “Avaliación do Rendemento Académico do Alumno e Revisión de Cualificacións”. no que se indica que a realización fraudulenta das actividades ou probas de avaliación penalizase cunha nota de Suspenso (0.0), sin descartar a aplicación de calquer outra medida disciplinaria.
Na cualificación final da materia terase en conta a tipoloxía do alumnado e o Oportunidade de avaliación segundo se describe:
Na 1ª Oportunidade:
A avaliación xeral toma como base o exame (TC). A condición de Aprobado acádase cunha puntuación de 37 ou máis puntos no (TC) e son condicións necesarias 1)acadar un mínimo de puntos por tema ou bloque no exame, 2)dispoñer dun APTO na proba EP. De selo caso, a puntuación TC mellórase coa puntuación da AC (puntos globais = CT+AC). Si se incumple algún dos requisitos necesarios a calificación será Suspenso (4.0). Cando a nota do TC resulte 36 puntos ou menos, outorgarase a cualificación de Suspenso.
As cualificacións acompañase dunha nota numérica que resulta da transformación dos puntos conseguidos nos distintos supostos polo algoritmo: [Nota= (0.150*Puntación-0.518]. A cualificación máxima de MH, poderáse outorgar segundo ás dispoñibles para a materia e entre as cualificacións finais superiores a Sobresaínte (9.5).
Son tipoloxías especiais de avaliación nesta 1ª Oportunidade:
1) Alumnado con Exención de Docencia (cando sexa aceptada polo Centro), que será cualificado cos bloques EP e TC, tal e como se describe para a 2ª Oportunidade (ver máis abaixo), dada a imposibilidade de que poida realizar a AC nas condicións nas que se plantexa.
2) Alumnado Repetidor, que poderá elixi-la modalidade de avaliación á que se somete entre o procedemento xera” ou o de "Alumnado con Exención de Docencia (1). A elección deberá quedar rexistrada no Campus Virtual da asignatura antes do 5 de outubro, e polo procedemento habilitado ó efecto polo profesor-coordinador.
Na 2ª Oportunidade:
O procedemento a seguir é similar ó descrito para a 1ª Oportunidade con tres diferenzas.
a) Non se aplica a AC, e será reemplazada por unha recalificación dos puntos do TC consistente en obter un 1 punto extra por cada respostas correcta ás 10 preguntas do examen con maior grado de dificultade. Só é aplicable cando se acaden os 37 ou máis puntos no TC.
b) A transformación decimal utiliza un algoritmo axustado á máxima puntuación nesta Oportunidade (60 puntos).
c) Nesta 2ª Oportunidade non se adxudican cualificacións de MH.
Con respecto ás tipoloxia especiais de avaliación que se contempla nesta Oportunidade é o caso do alumnado que na 1ª Oportunidade do curso cualificara cun Sunpenso (4.0) a resultas dun "Non APTO" en EP. Sendo así, e habendo acadado unha puntuación global de 53 ou máis puntos tra-la mellora da nota (TC+AC) quedará exento de realiza-lo TC da 2ª Oportunidade, e só realizará a proba EP. Si agora califica como APTO en EP calificase coa nota asifnada na 1ª Oportunidade.
A avaliación, tal e como se describe, abrangue cada unha das competencias xerais e básicas, específicas e transversais nas que se imparte a formación nesta materia, segundo se indica no seguinte cadro:
Proba_____________ Tipo de Competencia____ Código da Competencia___________________________
Formación Continua...... Xeráis e básica................. CG1; CG2
..................................... Específicas....................... MF02; MF03; MF12; MF14; LS01; LS08; B01
..................................... Transversais.................... CI08; CI09; CP05; CS08
Examen de Prácticas...... Xeráis e básica................ CG1; CG2
..................................... Específicas...................... MF02; MF03; MF12; MF14; LS01; LS08; B01
..................................... Transversais................... CI04; CI10; CP01; CS01; CS03; CS11
Exame de Coñecementos. Xeráis e básica............... CG1; CG2
..................................... Específicas...................... MF02; MF03; MF12; MF14; LS01; LS08; B01
..................................... Transversais................... CI08; CI09; CP05; CS08
TRABALLO PRESENCIAL,.................................... DURACION
Clases en grupo grande ........................................ 30
Clases interactivas en grupos reducidos .................. 8
Titorías en grupo moi reducido, ...............................3
Prácticas de laboratorio, ........................................16
Exames e revisións, ............................................... 3
Total de horas de traballo presencial, .....................60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO,………………….DURACION
Autoestudio, individual ou grupal, .............................66
Resolución de exercicios,.supostos prácticos............ 15
Orientación e resolución de dúbidas, ...........................4
Elaboración do caderno de laboratorio, .......................2
Realización e revisión do exame .................................2
Total de horas de traballo persoal do alumno/a, .........90
Aprender a interpreta-la información contida nas análises clínicas é como aprender un novo idioma no que o vocabulario e as regras gramaticais son respectivamente os parámetros bioquímicos e os algoritmos e estratexias de combinación entre eles que, ó igual que as frases e párrafos, conteñen a información que podemos entender.
As análises son útiles si somos quén de recoñece-la información que conteñen e serán de utilidade na solución dun problema ou para informar da evolución do estado de saúde das persoas.
Para ter éxito coa asignatura requírese entender o "por qué?”, o "para qué?” e "o cómo?" dos marcadores bioquímicos, xa que así resultará máis doado recordar " ónde usalos" e "qué información" aportan.
E moi recomendable atende-las clases programadas de xeito activo e ir revisando a materia cada día ou, no seu defecto, cunha periodicidade semanal, por un dobre interese:
1.- Dispoñer da información necesarias para as actividades da Avaliación Continua
2.- Identifica-los puntos que lle sexan máis problemáticos con vista a solicitar unha titoría.
Aconséllase, tamén, a visita frecuente ó complemento virtual da asignatura que, xunto coa plataforma MS Teams, servira de canle de comunicación entre o profesorado e o alumnado.
Para o estudo desta materia recoméndase ter coñecementos suficentes de Química Analítica e Técnicas Instrumentais, e tamén de Bioquímica I e II, Inmunoloxía, Fisioloxía Humana I e II e Fisiopatoloxía.
Manuel Felix Camiña Darriba
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881814933
- Correo electrónico
- felix.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Aurora Gomez Duran
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- aurora.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Sofia Sanchez Iglesias
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- sofia.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Silvia Cobelo Gómez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- silvia.cobelo.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Ricardo Villa Bellosta
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815370
- Correo electrónico
- ricardo.villa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
André Pérez Potti
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- andre.perez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
17:00-18:00 | Grupo A/CLE_01 | Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |