Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e comprender de forma crítica os principais aspectos das desigualdades sociais, do conflito social, os mecanismos de poder, de dominación, explotación e alienación, e as perspectivas das diversas ciencias sociais sobre eses procesos e mecanismos.
- Ser capaz de avaliar o modo no que os desequilibrios e desigualdades sociais impactan nas relacións humanas e xeran situacións de necesidade diferencial, vulnerabilidade e marxinación, incorporando o respecto aos dereitos fundamentais.
- Ser capaz de aplicar mecanismos de identificación e análise dos problemas sociais, nos que intervén o Traballo Social e as formas de intervención para combatelas.
- Coñecer e ser capaz de aplicar as políticas sociais e os recursos de apoio en procesos de inclusión social.
- Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención desde o traballo social orientados á inclusión social.
Tema I.1 Introducción. Neoliberalismo, cuestión social e novos escenarios do benestar.
Tema I.2 Modelos alternativos de benestar. Puntos chave e aportacións ao traballo social.
Tema II. Pobreza, desigualdade e exclusión social. Conceptualización e medición.
Tema III. Políticas públicas de inclusión social. Da análise ao debate.
Tema IV. A intervención no ámbito da inclusión social dende o traballo social con persoas en situación de risco e/ou exclusión social. Ferramentas e recursos.
Tema V. boas prácticas en inclusión e cidadanía activa. modelos, intervencións e redes.
BÁSICA
Agulló, E., Llosa, J.A., Menéndez, S., Rúa, E. e Ventosa, L. (2020). Mujeres e inclusión social: Investigación y estrategias de innovación y transformación social. EAPN Asturias.
Bauman, Z. (2011). Trabajo, consumismo y nuevos pobres. Barcelona: Gedisa Editorial.
Candalija, J. (2020). Guía de estilo sobre aporofobia y discurso del odio: Comunicar Sin Discriminar. EAPN España; Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social.
Castel, R. (1991). Los desafiliados: Precariedad del Trabajo y Vulnerabilidad Relacional. Revista Utopía, 3, 28-35.
Consejo General de Trabajo Social. (2022). Trabajo social en diferentes sistemas y ámbitos de intervención: salud, forense, penitenciario y educación.
Consejo General de Trabajo Social. (2023). Investigación sobre la situación del Trabajo Social en Instituciones Penitenciarias.
Cortina, A. (2017). Aporofobia, el rechazo al pobre: un desafío para la sociedad democrática. Paidós.
Fundación FOESSA. (2022). Evolución de la Cohesión Social y Consecuencias de la COVID-19 en España . https://www.caritas.es/main-files/uploads/sites/31/2022/01/Informe-FOES…
Fundación Secretariado Gitano. (2018). Lección Gitana.
Hernández, M. (Dir.). (2019). Riesgo de exclusión social de la población gitana en España e intervención social . Universidad de Murcia, Observatorio de la Exclusión Social.
Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 249, sec. I, de 31 de decembro de 2013, 52521 a 52585.
Mesa, S. (2019). Silencio administrativo: La pobreza en el laberinto burocrático. Anagrama.
Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. (2015). Estrategia Nacional Integral para Personas Sin Hogar 2015-2020. http://www.msssi.gob.es/ssi/familiasInfancia/inclusionSocial/docs/ENIPS…
Raya, E. e Hernández, M. (2014). Acompañar los procesos de inclusión social: del análisis de la inclusión a la intervención social. https://revistas.unal.edu.co/index.php/tsocial/article/view/47064
Sennett, R. (2012). El respeto: sobre la dignidad del hombre en un mundo de desigualdad (3ª ed.). Anagrama.
Smale, G., Tuson, G. e Statham, D. (2015). Problemas sociales y trabajo social (2ª ed.). Morata.
Sousa, de, B. e Aguiló, A. (2019). Aprendizajes globales: Descolonizar, desmercantilizar y despatriarcalizar desde las Epistemologías del Sur. Icaria.
Subiritas, J. (2006). Fragilidades vecinas: Narraciones biográficas de exclusión social urbana. Icaria.
Valenzuela, H., Jessica, M. e Molina, J.L. (2020). Viviendo entre cuatro paredes: La vulnerabilidad relacional en contextos de exclusión social. Fundación FOESSA.
Xunta de Galicia. (2019). Plan de atención de personas sin hogar en Galicia 2019-2023. https://politicasocial.xunta.gal/es/recursos/planes-y-programas/plan-de…
COMPLEMENTARIA:
Alemán, C. (2020). Políticas sociales: innovaciones y cambios. Thomson Reuters Aranzadi.
Arza, J. (Coord.). (2020). Informe, Encuesta Impacto COVID 19 Población Gitana 2020. Universidad de Alicante.
Cabrera, P. J. (2005). Nuevas tecnologías y exclusión social: Un estudio sobre las posibilidades de las TIC en la lucha contra la inclusión social en España. Fundación Telefónica.
XENÉRICAS:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
ESPECÍFICAS:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis adecuada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas achega das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber responder a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimiento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e evaluando as situacións e circunstancias que configuran devandito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
TRANSVERSALES:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de recoñecemento á diversidad e a multiculturalidade.
- Capacidade de razonamiento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A proposta metodolóxica pretende combinar o formato maxistral das clases expositivas coas metodoloxías activas e participativas das clases interactivas, titoría en grupo reducido e co traballo autónomo e a autoaprendizaxe por parte do alumnado.
Preténdese que o alumnado participe activamente na construción do coñecemento a través do manexo da bibliografía e da resolución de casos aos que deberá aplicar destrezas de observación, análise e interpretación da información.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao que o alumnado accede con chave.
A avaliación da materia realizase, nas dúas oportunidades, mediante a avaliación continua formativa combinada con probas finais. A porcentaxe da avaliación continua (parte práctica) na calificación final é do 40% (4 ptos.), polo que o peso da proba tipo exame é do 60% (6 ptos.).
É necesario acadar a puntuación mínima de apto no exame (3 sobre unha nota máxima de 6 puntos) para poder sumarlle a puntuación pola avaliación continua. Tamén será necesario ter superadas a avaliación continúa (parte práctica) da materia (2 sobre unha nota máxima de 4 puntos) para sumarlle a puntuación do exame.
Dita avaliación continua realizarase a través da participación e a realización de traballos individuais e grupais que consistirán na elaboración de material divulgativo e material informativo transferibles á comunidade e a entidades que traballen con persoas en situación de exclusión social, tamén se realizarán lecturas e análise de textos, análise de material audiovisual e/ou traballo sobre casos prácticos, etc.
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua, sempre que supere os 2 ptos, poderá conservarse para cursos posteriores. Polo tanto, o/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe solicitalo á profesora da materia a través dun correo electrónico.
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida dispénsa de asistencia, poderá acollerse a esta modalidade. O alumnado que teña concedida dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior a 5 días hábiles desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión. As actividades de dispensa de asistencia, o sistema de avaliación e pautas de entrega estarán dispoñibles na páxina web da materia de Traballo Social e Inclusión Social (www.euts.es)
SISTEMA DE RECUPERACIÓN
- A recuperación do exame realizarase nas datas oficialmente establecidas.
- As persoas que suspendan a parte práctica da materia (avaliación continua) poderán recuperala nas datas oficialmente establecidas mediante unha proba que avaliará os contidos traballados nesta parte da materia.
- Os traballos realizados nas clases só se poderán recuperar cando se teña unha resolución favorable da falta xustificada, é decir, mediante acta na que conste resolución favorable. O alumnado ten un prazo de 5 días hábiles para porse en comunicación coa docente a través de correo electrónico (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)) e 5 días hábiles para a súa realización despois da comunicación da docente.
- As persoas que non entreguen as actividades programadas nos prazos estipulados, salvo causas debidamente xustificadas e acreditadas, só poderán recuperalas na segunda convocatoria mediante unha proba que avaliará os contidos traballados nesta parte da materia.
- As notas das partes aprobadas na 1º convocatoria gardanse para a 2ª.
- Poderase solicitar que se garden as notas alcanzadas durante 1 curso académico. Para iso, o alumnado debe solicitalo por escrito, mediante correo electrónico á docente (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)). O prazo máximo estipulado para esta solicitude é o último día de setembro do curso académico seguinte.
SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA:
O prazo e os motivos polos que se pode xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
No caso de non asistir a clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas, coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora. Unha vez que se teña a confirmación da xustificación das faltas de asistencia o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Para o efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
Traballo persoal do alumnado.
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
- Exercicios: 15 horas.
- Lectura de textos: 10 horas.
- Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas.
- Outras tarefas propostas: 4 horas.
- TOTAL: 99 horas.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para que o alumnado senta a maior vinculación cos contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nos aspectos de maior interese.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Evelia Murcia Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- evelia.murcia [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
20.01.2025 13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
04.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
08.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |