Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir unha formación completa sobre as distintas técnicas e metodoloxías de estimación das producións forestais non madereiras e dos sistemas agroforestais nun contexto europeo, con énfasis nas interaccións entre sotobosque e o arbolado como base para a xestión de matogueiras e do sotobosque.
Ser capaces de seleccionar as metodoloxías e utilizar as ferramentas adecuadas para o desenvolvemento de modelos que simulen o crecemento e a evolución dos ecosistemas forestais ademais das producións forestais non madereiras (setas, resina, piñón, etc.).
Modelos de interacción arbolado-sotobosque. Aspectos produtivos. Efectos da xestión selvícola sobre a composición e estrutura do sotobosque. Optimización da composición do sotobosque e do desenvolvemento forestal. Dinámica da recuperación do sotobosque tralas alteracións. Modelos para a produción de produtos non madereiros.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo ao temario seguinte:
Aspectos produtivos dos sistemas agroforestais: o compoñente arbolado, o compoñente herbáceo e o compoñente animal.
Xestión selvícola sobre a composición, estrutura do sotobosque e produtividade.
Manexo do modelo Yield-SAFE (sistemas agroforestais).
Dinámica da recuperación do sotobosque tralas alteracións.
Modelos para a produción de produtos forestais non madereiros: setas, resina, corcho, piñón).
Bibliografía básica
BRAVO et al. 2012. Growth and yield models in Spain: historical overview, contemporary examples and perspectives. Instituto Universitario de Investigación en Gestión Forestal Sostenible (Universidad de Valladolid-INIA), Unidad de Gestión Forestal Sostenible (Universidad de Santiago de Compostela). Grafistaff, S.L. 76 pp. ISBN: 978-84-615-7145-1
CALAMA R., TOMÉ M., SÁNCHEZ-GONZÁLEZ M., MIINA J., SPANOS K., PALAHÍ M. 2010. Modelling non wood products in Europe: a review. Forest Systems: 19(SI), 69-85
GRAVES AR, BURGESS PJ, LIAGRE F, TERREAUX JP, BORREL T, DUPRAZ C, PALMA JHN, HERZOG F. 2011. Farm-SAFE: the process of developing a plot- and farm-scale model of arable, forestry, and silvoarable economics 81(2).93-108.
GRAVES AR, BURGESS PJ, PALMA J, KEESMAN K, VAN DER WERF W, DUPRAZ C, VAN KEULEN H, HERZOG F, MAYUS M.2010. Implementation and calibration of the parameter-sparse Yield-SAFE model to predict production and land equivalent ratio in mixed tree and crop systems under two contrasting production situations in Europe. Ecological Modelling 221, (13-14).1744-1756.
KAREL J, KEESMAN A, GRAVES A, VAN DER WERF W, BURGESS PJ, PALMA JHN, DUPRAZ C, VAN KEULENB H 2011. A system identification approach for developing and parameterising an agroforestry system model under constrained availability of data, 26(12):1540-1553.
PALMA JHN, PAULO JA,TOMÉ M.2014. Carbon sequestration of modern Quercus suber L. silvoarable agroforestry systems in portugal: a YieldSAFE-based estimation. Agroforestry systems 88:791-801.
VAN DER WERF W, KEESMAN K, BURGESS PJ, GRAVES AR, PILBEAM D, INCOLL LD, METSELAAR K, MAYUS M, STAPPERS R, VAN KEULEN H, PALMA J DUPRAZ C. 2007. Yield-SAFE: a parameter-sparse process-based dynamic model for predicting resource capture, growth and production in agroforestry systems. Ecological Engineering 29: 419-433.
VÁZQUEZ-PIQUÉ J., PEREIRA H. 2008. ¿Qué hay que tener en cuenta para elaborar modelos de producción de corcho?: revisión bibliográfica y consideraciones estadísticas. Investigación Agraria: Sistemas y Recursos Forestales: 17(3), 199-215
Bibliografía complementaria
BONET J.A., COLINAS C., FISCHER C.R., MARTÍNEZ DE ARAGÓN J., MIINA J., PALAHÍ M., PUKKALA T., 2010. Modelling the production and species richness of wild mushrooms in pine forests of Central Pyrenees in north-eastern Spain. Can J For Res 40, 347-356
CALAMA R., GORDO F.J., MONTERO G., MUTKE S. 2008. An empirical ecological-type model for predicting stone pine (Pinus pinea L.) cone production in the Northern Plateau (Spain). For Ecol Manage 255, 660-673.
CALAMA SAINZ R., GARRIGA GARCÍA E., BACHILLER BACHILLER A., GORDO ALONSO J.,FINAT GÓMEZ F., MONTERO GONZÁLEZ G.2007. PINEA2: un modelo integrado para la gestión de las masas regulares de Pinus pinea L.. en la meseta norte Cuad Soc Esp Cienc For. 23: 147-152
FAIAS S. P. , PALMA J. H. N., BARREIRO S., PAULO J. A. , TOME M. 2012. Resource communication. sIMfLOR – platform for portuguese forest simulators. Forest Systems 21(3), 543-548
Competencias básicas
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
Competencias xerais:
CG2 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrales no medio natural.
CG7 - Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestales
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razonamiento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Competencias específicas:
CE5 - Coñecemento e capacidade para deseñar plans de desenvolvemento integral sostenible de comarcas forestales e o desenvolvemento de indicadores de xestión.
CE49 - Adquirir un adestramento completo sobre as diferentes técnicas e metodoloxías para a estimación da producións forestais non madereiras no ámbito forestal das Zonas Atlánticas da Península Ibérica, con énfase nas interaccións entre as árbores e o sotobosque, como base para a xestión de matogueiras e sistemas agroforestais.
A materia se impartirá seguindo o reparto de horas presenciais na aula e de traballo persoal do alumnado indicados na memoria de verificación do título.
O bloque de traballo presencial no aula consta de 24 horas. A docencia de tipo expositivo, en forma de clases maxistrais participativas que se desenvolverán no aula por parte do profesorado, abarca un total de 12 horas. A docencia interactiva inclúe actividades complementarias nas que o profesorado supervisará a presentación oral de traballos realizados polo alumnado (CT1, CT2, CT5, CT6, CT7, CT9, CT10, CT11). Con este tipo de docencia se potenciará o traballo en grupo e a aprendizaxe cooperativo, incluíndo sesións de discusión activa (CB9, CT4, CT12). As 12 horas que compoñen a docencia interactiva tamén introducen ao manexo informático de modelos existentes para producións forestais non madereiras, incitando a unha aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos (CG2, CG7, CE5, CE49). Estas actividades permitirán ao alumnado a posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal e das clases de teoría. A asistencia ás clases presenciais é obligatoria.
O bloque de traballo persoal do alumnado consta de 48 horas de traballo autónomo e de estudo independente. Abarca a lectura e preparación de temas, a elaboración de traballos para a súa posterior exposición e debate en grupos de clase, a preparación previa das prácticas informáticas e o traballo posterior sobre as mesmas, así como a preparación de probas de avaliación (CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT3, CT8, CE5, CE49).
As actividades de ensino/aprendizaxe apoiaranse en boa medida no Campus Virtual da USC que, xestionado polo Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA) da Universidade, ofrece recursos docentes en Internet e un soporte para a realización de exercicios e casos por parte do alumnado que permiten un seguimento virtual.
Nas titorías atenderase ao alumnado para discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da asignatura (recopilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos...). Recoméndase ao alumnado asistir ás tutorías do profesor, co que se poderá contactar tamén a través do correo electrónico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema de avaliación incluirá as seguintes actividades: Participación do alumnado nas actividades do aula. Realización de casos prácticos, cuestionarios, traballos e presentación e discusión dos mesmos. Probas escritas.
A participación nas clases maxistrais e nas interactivas será avaliada polo profesor en base ao grado e calidade da participación do alumnado na elaboración de cuestións e a resolución das mesmas. O proceso de avaliación será continuo. A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O peso na cualificación final desta actividade abarcará un 20%. Exemplos de competencias que deberá incorporar o alumnado e que serán avaliadas son as seguintes: CB6,CB7,CB8,CB9 e CB10, CT2,CT4,CT7, CT8, CT11, CT12,GG2, CG7, CE5, CE49.
A entrega de informes e de exercicios ou casos prácticos efectuarase vía telemática (USC virtual) ou en soporte de papel (as que así se soliciten) nas datas indicadas polo profesor ou de apertura oficial . A presentación e debate dos traballos será un requisito imprescindible para poder aprobar a materia. O seu peso na cualificación final será dun 40% e algúns exemplos de competencias que deberá incorporar o alumnado neste apartado son as seguintes: CB6,CB7, CB8,CB9 e CB10, CT1, CT2,CT3,CT5,CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, CG2, CG7, CE5, CE49).
A superación de probas escritas computará un 40% na cualificación final. Exemplos de competencias que deberá incorporar o alumnado e que serán evaluadas son as seguintes: CB6, CB7, CB8,CB9 e CB10, CT1, CT2,CT3, CT6,CT8, CT12,CG2, CG7, CE5, CE49.
Os estudantes terán dereito a dúas convocatorias de exames en cada curso académico nos prazos que se indiquen na programación académica.
Estímase nunhas 48 horas adicionais ás horas presenciais e inclúe a lectura e preparación de temas, a elaboración de traballos para a súa posterior exposición e debate en grupos de clase, a preparación previa das prácticas informáticas e o traballo posterior sobre as mesmas, así como a preparación das probas de avaliación.
Asistencia ás actividades docentes presenciais e adicación diaria e continua ao traballo que se realiza nas clases. Para calquera dúbida conceptual ou de aplicación dos coñecementos, é importante que o alumnado acuda ás tutorías correspondentes. Consulta da bibliografía recomendada. É recomendable que o alumnado teña capacidade para ler en inglés e que teña coñecementos amplos en botánica forestal, silvicultura e pascicultura.
María Rosa Mosquera Losada
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mrosa.mosquera.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Javier Rodríguez Rigueiro
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- fj.rodriguez.rigueiro [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 (Aulario 2) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 5 (Aulario 2) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 (Aulario 2) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 5 (Aulario 2) |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 (Aulario 2) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 5 (Aulario 2) |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
12.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |