Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Cursando esta materia o alumno debe:
Coñecer as bases e fundamentos da produción agrícola e os tipos de producións. Comprender os parâmetros críticos das producións vexetais
Coñecer os tipos de actuacións dos robots e sistemas na produción agrícola
Coñecero os princípios da eficiência na aplicación da robótica na produción agrícola
Os contidos da materia recollidos na memoria do título son:
Bases e fundamentos da produción agrícola: tipos de producións. Parámetros críticos das producións vexetais.
Estes contidos se desenvolverán segundo o seguinte programa:
Bloques de contidos teóricos (horas de docencia expositiva dedicadas + h de traballo non presencial estimadas):
1.- Introdución á agricultura e os sistemas agrícolas (3 h + 6 h n. p.)
2.- Agricultura 4.0 e agricultura intelixente (3 h + 6 h n. p.)
3.- Crecemento e desenvolvemento dos cultivos (3 h + 6 h n. p.)
4.- Diagnóstico nutricional e abonado (3 h + 6 h n. p.)
5.- Manexo da rega (3 h + 6 h n. p.)
6.- A protección dos cultivos contra factores bióticos (3 h + 6 h n. p.)
7.- O cultivo protexido (3 h + 6 h n. p.)
8.- Os cultivos sen solo (3 h + 6 h n. p.)
Contidos prácticos
Coñecemento, instalación e manexo de sensores de clima, solo e planta para distintas aplicacións.
Montaxe e manexo de sistemas automatizados
Tratamento de datos e modelado
Prácticas de campo: viaxes para visitas a explotacións e centros tecnolóxicos
Bibliografía básica
- Basso, B.; Sartori, L. y Bertocco, M. 2007. Manual de agricultura de precisión : conceptos teóricos y aplicaciones prácticas. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Eumedia. Madrid
- Castilla, N. 2007. Invernaderos de plástico. Tecnología y manejo Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 462 pp.
- Heege, H.J. 2013. Precision in crop farming : site specific concepts and sensing methods : applications and results. Dordrecht : Springer.
- Kerry, R. y Escolá, A. 2021. Sensing Approaches for Precision Agriculture. Springer.- Loomis, R.S. y Connor, D.J. 2002. Ecología de cultivos: productividad y manejo en sistemas agrarios. Mundi-Prensa.
- Urrestarazu, M. 2015. Manual práctico de cultivo sin suelo e hidroponía. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 278 pp.
- Villalobos, F.J. y Fereres, E. 2017. Fitotecnia: principios de agronomía para una agricultura sostenible. Mundi-Prensa.
Bibliografía complementaria
- Ajith, A.; Sujata, J.P.C. Rodrigues, Biswaranjan, A., Subhendu, K.P. 2021. AI, Edge and IoT-based Smart Agriculture. Elsevier.
- Bochtis, D.D. y otros. 2022. Information and Communication Technologies for Agriculture—Theme I: Sensors. Springer.
- Rodríguez, F. y Berenguel, M. 2005. Control y robótica en agricultura. Universidad de Almería
A materia contribúe á adquisición das seguintes competencias que figuran na memoria do título:
BÁSICAS E XENERAIS
CG4 - Saber as necesidades tecnolóxicas da sociedade e a industria, e ser capaz de mellorar servizos e procesos de produción aplicando tecnoloxía actual de robótica, mediante a elección, adquisición e posta en marcha de sistemas robóticos en diferentes aplicacións, tanto industriais como de servizos.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
ESPECÍFICAS
CE9 - Coñecer os sensores habituais en robótica, o seu funcionamento, así como os métodos e técnicas para o tratamento da información captada.
A docencia expositiva se levará a cabo principalmente mediante clases expositivas apoiadas por material que o profesor achega e pon ao dispor dos alumnos na aula virtual.
A docencia interactiva incluirá clases prácticas de manexo de sensores, obtención de datos e tratamento dos mesmos. Tamén se realizará polo menos unha viaxe para visita dun centro tecnolóxico e/ou explotación agrícola.
Ademais os alumnos, baixo supervisión dos profesores, deben de realizar e presentar un traballo práctico sobre unha aplicación automatizada.
As competencias que permiten adquirir os diferentes métodos de ensino utilizados son:
- Docencia expositiva: CG4, CB3, CB5, CT3, CT5, CT10, CE9
- Docencia interactiva: CG4, CB5, CT3, CT8, CT9, CT12, CE9
- Elaboración e presentación de traballo: CG4, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT9, CT10, CT12, CE9
A avaliación da materia realizarase mediante:
Exame escrito: no que se avaliará a adquisición de coñecementos e competencias traballados en toda a materia. O valor do exame na nota final será do 50 %, sendo imprescindible obter polo menos unha nota de 4 sobre 10. Se non se alcanza esa nota mínima non se fará a media coas outras compoñentes da nota, senón que a nota final será a do exame.
Asistencia activa e participación nas clases expositivas e interactivas: valorarase mediante control de asistencia e observación da actitude e participación nas clases, incluíndo a viaxe, que para estes efectos conta como 4 h. Terá unha contribución na nota final do 10 %.
Traballo a entregar e expoñer: a súa cualificación contribuirá un 20 % á nota final.
Tarefas. Ao longo do curso exporanse pequenas tarefas ou probas sobre aspectos prácticos da materia. Cando estean relacionadas con prácticas realizadas ou coa viaxe só poderán realizala quen asistise. En conxunto esta cualificación supoñerá un 20 % da nota final.
O sistema de avaliación será o mesmo en todas as convocatorias. O traballo e as prácticas só se poderán realizar e/ou presentar nos prazos que se fixen durante o período de docencia da materia.
En caso de non superar a materia nun curso, ningunha cualificación nin actividade realizada consérvase para o seguinte, polo que os alumnos repetidores avalíanse do mesmo xeito e cos mesmos criterios que os non repetidores.
Para os alumnos que teñan recoñecida dispénsaa de asistencia de acordo coa Instrución1/2017 da Secretaría Xeral da USC, a súa cualificación non incluirá a apartado “Asistencia e participación nas clases” mentres que o de “Exames escritos” contará o 60 % da nota.
As competencias avaliadas con cada unha das compoñentes do sistema de avaliación son:
- Exame escrito (50 %): CG4, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT12, CE9
- Asistencia e participación nas clases (10 %): CT3, CT4
- Traballos a entregar (20 %): CB4, CB5, CT1, CT4, CT5, CT6, CT9, CT12, CE9
- Tarefas (20 %): CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT7, CT9, CT12, CE9
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e ás fontes.
Esta materia é de 6 créditos ECTS, o que supón que de media un alumno necesitará dedicar 150 h de traballo dedicado para superala e adquirir as competencias previstas, que se distribúen:
Actividades presenciais (54 h):
- Asistencia a clases expositivas: 24 h
- Asistencia a clases interactivas: 24 h
- Titorías en grupo: 3 h
- Actividades de avaliación: 3 h
Traballo autónomo non presencial (96 h):
- Lectura e preparación de temas: 30 h
- Realización de tarefas: 18 h
- Elaboración de traballos: 30 h
- Preparación de probas de avaliación: 18 h
Asistencia regular e participativa ás clases e participación nas titorías