Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 10 Total: 22
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados, Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ao alumno nocións básicas sobre o proceso comunicativo e a súa importancia no ámbito da dirección de proxectos. Desenvolver habilidades que permitan xerar un plan de xestión da información e as comunicacións nun proxecto. Familiarizar o alumno con ferramentas para a xeración de informes, facendo especial fincapé na discriminación da información que se incluirá, dependendo do destinatario. Achegar o alumno aos procesos de normalización de documentación do proxecto. Introducir novas ferramentas para comunicación e xestión de información nun ámbito web. Familiarizar o alumno con o desenrolo e implementación dun plan de comunicación externa.
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos:
- O proceso comunicativo. Contextualización. Datos, información e coñecemento.
- A matriz de comunicacións do proxecto. Grafo de comunicacións do proxecto
- Xestión documental do proxecto.
- A comunicación externa do proxecto
Estos contidos desenvolveranse da seguinte forma:
Contidos teóricos
O proceso comunicativo. Contextualización (0,5 h).
A xestión das comunicacións do proxecto. O enfoque do PMI versus IPMA (1 h).
As matrices de interesados (0,5 h)
Planificación da información e as comunicacións (0,5 h)
Xestión da información versus xestión do coñecemento (0,5 h)
A xestión documental (0,5 h)
Distribución da información e informes de estado (1 h).
Proceso de comunicación externa (1,5 h)
Instrumentos de comunicación externa (2,5 h).
Determinación do orzamento de comunicacións (0,5 h).
Contidos prácticos
Elaboración de presentacións (1,5 h).
Xestión eficaz de reunións (1 h).
As táboas dinámicas de Excel (0,5 h).
O xestor de informes de Microsoft Project (1 h).
Elaboración dun plan de xestión de comunicacións (1 h).
Elaboración dun proxecto de comunicación externa (3,5 h).
Presentación dun proxecto de comunicación externa (1,5 h).
Bibliografía básica
• Libaert, T. (2005). El Plan de comunicación organizacional : cómo definir y organizar la estrategia de comunicación. Limusa, cop. México.
• Pérez, R. (2005). Estrategias de comunicación. Ariel, Barcelona.
• PM2 Project Management Methodology. https://pm2.europa.eu/index_en.
• Kerin, R.A.; Hartley, S.W. (2018). Marketing. McGraw-Hill Education
• De Juan Vigaray, M.D. (2017). Fundamentos de marketing. Publicaciones Universidad de Alicante.
• PMI 2017. A guide to the project management body of knowledge (PMBOK® guide). Sixth edition. Project Management Institute, Pennsylvania.
Bibliografía complementaria
• Cuadrado, C. (2007). Protocolo y comunicación en la empresa y los negocios. Fundación Confemetal, Madrid.
• Estanqueiro, A. (2006). Principios de comunicación interpersonal : para saber tratar con las personas. Narcea, Madrid.
• García, J. (2003). Tecnología de la comunicación e información escrita. Síntesis, Madrid.
• Gómez de Enterría, J. (2008). La comunicación oral en la empresa. Arco/Libros, D.L. Madrid.
• Monarth, H. (2008). Desarrolle sus habilidades de comunicación. McGraw-Hill, México.
• Ponjuán, G. (2007). Gestión de información: dimensiones e implementación para el éxito organizacional. Trea, Gijón
• Pozo, M. (2007). Gestión de la comunicación interna en las organizaciones : casos de empresa
• Velilla, R. (1995). Guía práctica para la redacción de informes. EDUNSA, D.L. Barcelona
• West, R. (2005). Teoría de la comunicación: análisis y aplicación. McGraw-Hill, Madrid.
Coñecementos ou contidos
Con06 - Conceptos básicos e avanzados sobre o proceso comunicativo, datos, información e coñecemento. TIPO: Coñecementos ou contidos
Habilidades ou destrezas
H/D07 - Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar eficazmente as suas ideas e defenderlas TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D08 - Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados TIPO: Habilidades ou destrezas
Competencias
Comp07 - Elaborar planes de xestión da información e das comunicacións do proyecto TIPO: Competencias
Comp08 - Xestionar eventos de comunicación. Rexistro documental TIPO: Competencias
A docencia presencial se impartirá a través de clases expositivas en grupos de 25 alumnos (9 horas), empregando como elementos de apoio as presentacións en diferentes formatos (powerpoint, prezi, etc.). As sesións expositivas serán completadas con docencia interactiva (10 horas). Os alumnos contarán co apoio de titorías para o desenvolvemento das actividades previstas. Ademáis, o Campus Virtual será empleado como plataforma para a comunicación co alumno e subministro da información que precisa tanto para as sesións expositivas, coma para a docencia interactiva e o traballo persoal.
Específicamente, empregaranse:
• Leccións maxistrais
• Seminarios
• Presentacións
• Resolución de problemas.
• Prácticas en aula de informática.
• Estudo de casos.
• Aprendizaxe colaborativo.
• Titorías individualizadas e colectivas.
• Portafolio.
• Aprendizaxe baseado en proxectos.
• Foros de discusión.
Mixta con estudos de casos/traballos, portafolios, exame oral e escrito. Os alumnos elaborarán unha serie de traballos/estudos de caso e adicionalmente deberán de realizar un portafolios grupal, consistente nun plan de xestión das comunicacións do proxecto, integrado no traballo fio conductor. A cualificación do alumno é unha media ponderada, ao 50%-35%-15%, entre o rendemento deste nas partes nas que se avalía: exame oral e escrito, calidade dos estudos de caso/traballos elaborados, e o plan de comunicacións desenvolto no traballo fío conductor. Non superará a materia aquel alumno que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte.
Para superar a materia esíxeselle ao alumno a asistencia a un 75% das clases teóricas e prácticas. O non cumprimento da asistencia levará consigo que, para a superación da materia, o alumno teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor. As cualificacións dos casos prácticos e dos exames orais conservaranse unicamente durante o curso académico.
Examen escrito (25 %): competencias traballadas/avaliadas Con06, H/D07, H/D08, Comp07, Comp08.
Examen oral (25%): competencias traballadas/avaliadas Con06, H/D07, H/D08, Comp07, Comp08.
Estudios de caso/trabajos (35%): competencias trabajadas/avaliadas Con06, H/D07, H/D08, Comp07, Comp08.
Portafolio consistente nun plan de comunicacións integrado no traballo fio condutor (15%): competencias traballadas/avaliadas Con06, H/D07, H/D08, Comp07, Comp08.
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e as calificacións conservaranse únicamente durante o curso académico.
Os criterios e procedemento de avaliación para os alumnos con dispensa de asistencia serán os mesmos que para o resto dos alumnos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
O alumno recibirá 9 horas de docencia expositiva e participará en 10 horas de prácticas (docencia interactiva), nas que ademais será avaliado. Ademais contemplaranse 3 horas presenciais de titorías en grupos reducidos. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver traballo adicional non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos da materia, preparando as probas escritas obxecto de avaliación. A estas tarefas dedicaranse 51 horas de traballo persoal.
. Asistencia a todas as actividades docentes.
. Consulta da bibliografía recomendada.
. Facer uso frecuente das titorías para calqueira tipo de cuestión relacionada coa materia.
Carlos Amiama Ares
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- carlos.amiama [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Luis Otero Piñeiro
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- joseluis.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Cesar Perez Cruzado
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- cesar.cruzado [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 (Aulario 4) |
05.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |