Ir o contido principal
Segundo establece o artigo 32e do Regulamento da BUSC, a biblioteca facilitará a reprodución dos seus fondos coas restricións que impoñen a Lei de Propiedade Intelectual e as garantías de conservación do patrimonio bibliográfico.

A meirande parte das bibliotecas contan con fotocopiadoras utilizables directamente polas persoas usuarias para a reprodución das obras consultadas.

A BUSC dispón tamén dun servizo de subministración de copias dixitalizadas dos seus fondos impresos. As persoas usuarias poderán solicitar directamente á biblioteca a reprodución parcial das obras impresas que forman parte das súas coleccións, dentro dos límites establecidos na Lei de Propiedade Intelectual e coas restriccións necesarias para a conservación do seu fondo patrimonial.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.01.2025.