O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'Unha historia verdadeira', de David Lynch (USA, 1999, 111 min), nas Sesións de Filmoteca do Outono Cultural 2025. Será o mércores 12 de novembro no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.
"David Lynch sorprendeu con esta historia tan sinxela como conmovedora de un ancián que percorre 500 kilómetros entre Iowa e Wisconsin para ir visitar ao seu irmán enfermo no único medio de transporte do que dispón: un cortacéspede. O seu apelido, Straight (directo, recto), é toda unha declaración de intencións. A película avanza lenta e inexorablemente nunha única dirección, deténdose nas inmensas paraxes da América profunda e nas súas xentes, cuxos rostros son filmados, cos sucos da pel labrada polas duras condicións do campo, tal maxestuosas montañas ou cautivadores desertos. Todo un exemplo de clasicismo que demostrou que Lynch era bastante máis que o cineasta da mala onda.” FILMOTECA DE GALICIA.
Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.
A entrada é de balde para a comunidade universitaria.