Ir o contido principal

Fase final do módulo de prácticas da escola de tenis base

Foto de grupo
De esquerda a dereita: Diego Rial, Francisco Amiama, Brais González, Lucía Vizcaíno, Cristina Cambeses, Jorge Formoso, Alberto García, Javier Rico e Miguel Magán
Esta fin de semana, como acto de clausura da escola de tenis base para maiores de 18 anos, celebrouse a fase final do módulo de prácticas

Despois da fase inicial celebrada ao longo do segundo cuadrimestre programouse para o 3 e 4 de xuño a fase final deste módulo, onde os tenistas puxeron en práctica as habilidades adquiridas durante o curso e puideron avaliar a evolución do seu xogo.

Con esta mesma finalidade está previsto o acto de clausura da escola de tenis base para menores de 18 anos, os días 17 e 18 deste mesmo mes.

Unha vez xogadas as eliminatorias o sábado, o domingo pola mañá disputáronse os partidos finais de:

Iniciación avanzada masculina

Alberto García Castro vs Jorge Formoso López

Tenis nivel medio masculino

Brais González Rodríguez vs Francisco Amiama González

Tenis nivel medio feminino

Cristina Cambeses Franco vs Lucía Vizcaíno Anaya

resultando os máis avantaxados nas súas respectivas categorías, Jorge Formoso, Brais Gonzáles e Cristina Cambeses.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2023.