Iniciativa de voluntariado de inclusión social en Médicos do Mundo.
Médicos do Mundo impulsa numerosos proxectos de intervención social en defensa dos dereitos humanos, en especial o dereito universal á saúde, acompañando a persoas en situación de exclusión ou vulnerabilidade, e desenvolvendo actividades educativas, de comunicación e sensibilización.
Atención a persoas inmigrantes
- Acompañamento, mediación e atención a persoas inmigrantes.
- Mediación en vulneración de dereitos básicos.
- Coordinación con institucións.
- Impartición de obradoiros formativos e asociación de persoas inmigrantes sobre Dereitos Humnos e Dereito á Saúde, primeiros auxilios, saúde materna e infantil, mitos e crenzas sobre a poboación inmigrante, Covid-19 etc.
- Impartición de charlas formativas a persoal sociosanitario da Administración sobre o acceso da poboación inmigrante á saúde.
- Representación de Médicos do Mundo en diferentes redes e foros.
- Realización de folletos e carteis para informacións en liña conxuntas a grandes grupos de persoas.
- Atención médica e psicolóxica.
- Outras actividades máis puntuais: explotación de datos sobre a atención, investigación e actividades de loxística para actos de sensibilización.
- Horario: xeralmente de luns a venres pola mañá, de 8 a 16 h, e luns pola tarde de 17 a 19 h. Puntualmente, obradoiros formativos coa asociación as fines de semana.
- Prazas: s/n.
Acompañamento a persoas en situación de prostitución
- Apoio na recollida de vulneracións e nos obradoiros de educación para a saúde en intervención con persoas en contexto de prostitución en clubs/pisos/rúa e/ou local de Médicos do Mundo.
- Puntualmente acompañamento sociosanitario para persoas que descoñecen o sistema e/ou idioma.
- Realización de test rápidos de detección do VIH e/ou sífilis a persoas usuarias do programa.
- Apoio en tarefas loxísticas necesarias para o funcionamento do programa: base de datos da intervención, preparación dos contidos dos obradoiros, contabilidade, planificación da intervención.
- Impartición de obradoiros formativos a persoas en contexto de prostitución sobre dereitos humanos e dereito á saúde, dereitos sexuais e reprodutivos etc.
- Outras actividades: iniciativas de sensibilización e mobilización que se organicen dende o grupo.
- Horario: xoves, de 19 a 24 h.
- Prazas: s/n.
Educación para a transformación social
- Obradoiros e xornadas informativas: preparación de contidos e impartir obradoiros para xente nova sobre dereitos humanos e dereito á saúde, convivencia e diversidade.
- Actividades de sensibilización: organización e loxística de actividades que se programen: actividades de rúa, participación con mesas informativas en festas e eventos varios, promoción de voluntariado na universidade, exposicións fotográficas e mesas temáticas en diferentes espazos etc.
- Horario: mañás, de luns a venres de 8 a 15 h e, puntualmente, algunha fin de semana e/ou tarde.
- Prazas: 5.
Voluntariado
Apoio na xestión do voluntariado da entidade: altas e baixas, formación, dinamización dos grupos e comunicacións periódicas.
- Horario: sen concretar.
- Prazas: s/n.