Este ano a organización correspóndelle á Facultade de Bioloxía
As Facultades de Ciencias da Universidade de Santiago -Matemáticas, Bioloxía, Física, Ciencias e Química- celebran este venres 14 de novembro na Aula Magna da Facultade de Bioloxía a festividade do seu patrón, Santo Alberte Magno.
O acto académico abrirao ás 12.30 horas o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, para continuar coa conferencia ‘Ciencia viva na Cidade de pedra’, impartida polas profesoras Sabela Balboa Méndez e Patricia Sanmartín Sánchez.
A cerimonia proseguirá coa entrega de premios dos concursos ‘Xermolos da Ciencia’ e ‘A Ciencia en Imaxe’ e a intervención de Carolina Balado Puentes en nome do estudantado.
O acto, que estará amenizado coa música de Denís Iglesias Montes, péchano o decano da Facultade de Bioloxía, Jesús López Romalde, en representación de todos os centros de Ciencias, e o vicerreitor Fraga.