12.11.2025 | 17.30h
Os premios do XI Concurso Literario Mazarelos, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía, entréganse este mércores 12 de novembro nun acto que se desenvolverá a partir das 17.30 horas no auditorio do centro e que contará coa actuación musical de Alfonso Espiño. A entrada será libre ata se completar a cabida.
Recollerá o primeiro premio Alexandre Guerra Corbillón pola obra Ara Solís, e o segundo Ánxela Vidal Triñáns por Hieros logos. Fíxose co terceiro posto do certame Gael Uxío Proupín Cantelar por Ouro Negro. Ademais, o xurado decidiu condecer dous accésits a Mario González castro por Fillo do Sil e a Antía Rey Collazo por A maquillaxe dunha bruxa.