Ir o contido principal

Seminario de Futuros Urbanos

Relatorio ‘Imaxinarios, xeografía e toponimia na música pop galega. O caso de Ana Kiro’

13.11.2025 | 19.30h

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas do Decanato

O seminario será na Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite
O seminario será na Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite

O Grupo ANTE desenvolve o xoves 13 a cuarta sesión do seu Seminario de Futuros Urbanos. Nesta ocasión, ás 19:30 horas na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia, contará coa presenza de Cibrán Tenreiro e Marta Pérez Pereiro, que ofrecerán o relatorio ‘Imaxinarios, xeografía e toponimia na música pop galega. O caso de Ana Kiro’ ao que lle seguirá unha discusión aberta a todas as persoas presentes. 

Marta Pérez Pereiro é profesora titular na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, onde imparte materias como Cultura audiovisual contemporánea ou Produción cinematográfica. Doutora pola mesma universidade, é tamén integrante do Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e o Centro de Estudos Feministas e de Xénero (CIFEX). Os seus principais temas de investigación son as pequenas cinematografías (particularmente o cinema galego), o xénero e os medios de comunicación ou o humor nos medios e as redes sociais. Sobre estes temas escribiu en diversas monografías e en entrevistas académicas como Language and Communication ou Journalism & Mass Communication Quarterly. Ten participado en proxectos de investigación como  ‘EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para una programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’, ‘eDCINEMA: Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en v. o.’ ou ‘LEXCAV. O impacto da vixente lei 13/2022 no tecido audiovisual’.

Cibrán Tenreiro é profesor axudante doutor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Doutor pola mesma universidade, é tamén Mestrado en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo pola Universitat Pompeu Fabra e ten unha especialización en Documentalista audiovisual e Film resesearcher pola Universitat Oberta de Catalunya. O seu traballo como investigador examina os usos creativos das ferramentas de baixo orzamento, as relacións entre música e cinema ou a produción creativa das comunidades de fans e escenas, ademais de diferentes liñas relacionas co cinema galego, como o uso de material de arquivo ou o papel da crítica. O seu texto ‘Equilibrios precarios. Unha aproximación aos vídeos dunha escena underground galega’ recibiu o Premio María Luz Morales de ensaio escrito sobre audiovisual galego. Fóra da academia, ten traballado como xornalista en medios como a Radio Galega ou VINTE e no equipo de comunicación de festivais como Curtocircuito ou o Carballo Interplay, ademais de participar en proxectos como o Cineclube e Compostela ou manter o blog Bolsa de Patacas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.11.2025.